Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 21 de Abril de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Richard Gere non bica, sorbe

“Oficial y Caballero” (TVE, 00 h.)

Cultura 09/09/2010
  Envía a túa opinión

Aínda non comecei, pero un día hei conseguir sinaturas dabondo para crear a Asociación de Homes Trintaneiros Afectados por unha Nefasta Educación Sentimental. Como non queixármonos unha e outra vez do dano causado polas industrias culturais na nosa concepción das relacións erótico-afectivas? Tanta leria coa materia de Educación para a Cidadanía, e nada se di da educación para o romance. En troques de medrar na escola con lecturas obrigatorias de Jane Austen e Henry James, os rudos adolescentes dos anos 80 fixémolo cobizando coñecer a unha moza que traballase nunha fábrica, para un día entrar sen avisar, camiñando entre as máquinas graxentas vestidos de punta en branco, deixando ao resto de operarias en éxtase, para chantarlle un bico no morro, collela en brazos e sacala pola porta mentres de fondo, nun crescendo que rompería as barreiras do kitsch, comezaría a soar “Up where we belong” na voz augardentosa de Joe Cocker e a dramática Jennifer Warnes, que conseguía unha moi parecida inflamación cardíaca no tema principal de “Dirty Dancing”. A escena e os danos colaterais debémosllos a “Oficial y Caballero”, canon do drama romántico e castrense que logo explotaría “Top Gun”, e que Televisión Española rescata esta medianoite.  


Investigando no gume do morbo

“Vuelo IL8714” (Telecinco, 22 h.)

Sociedade 08/09/2010
  Envía a túa opinión

A Telecinco ténselle aprehensión. Acontece que un imaxina a Paolo Vasile traballando nun transporte de emerxencias para transplantes e, en troques de apurar a subir ao helicóptero para levar a neveira co corazón aínda latexante a fume de carozo ao hospital, coida que iría buscar un recanto escuro e, sen que ninguén o vise, abriría o refrixerador, apalparía o órgano vital coas mans, daría unha lambetada ao sangue adherido e, finalmente, tiraría unha foto co teléfono móbil para enviala por sms ao “Sálvame Deluxe”. Os prexuízos poden ser inxustos, pero é difícil que agromen por xeración espontánea. E o certo é que custa confiar no talento de Telecinco para tratar o material sensible. Abonda con ollar á súa grella cotiá. Por iso, cando a canle amiga anunciou que ía transformar a traxedia do accidente aéreo de Barajas nunha tv movie, a algúns atragoóusenos o pudor no medio da gorxa. Tantos mortos cos cadáveres aínda quentes nunha circunstancia propicia para o sensacionalismo era demasiado apetecible para o fino olfato para o morbo que gasta a compañía. Non obstante, aínda hai lugar para a humanidade na televisión privada. 


Coa súa branca palidez

“Fútbol: Argentina – España” (TVE, 22 h.)

Deportes 07/09/2010
  Envía a túa opinión

Fun este día a comprar un bono para o autobús e o billete costaba seis euros máis polo incremento do IVE. Nun concerto no Monte do Gozo, entre cheiro a bosta de vaca  e sol abrasador, urxido pola sede, timáronme dez euros, dez!, por un litro de cervexa. Resulta que tamén teño que meter unha pelota de tenis a arrefriar na neveira porque é a mellor ferramenta para dar masaxes na planta dun pé que teño doente dende hai semanas por mor dun principo de fascite plantar. Curara hai pouco unha no pé dereito, e agora pasoume para o esquerdo. E mira ti que presuntamente todos os males do mundo desapareceran o 11 de xullo cando Iniesta cruzou a pelota ás redes da escola de karate holandesa. 


Bisbal a piques de xirar para obrar a teleportación

“Comando Actualidad: Carretera y manta” (TVE, 22.15 h.)

Sociedade 30/06/2010
  Envía a túa opinión

Viaxar non sempre equivale a ver mundo. Todos coñecemos o discurso tópico das súper-modelos, que recostadas nun colchón de plumas na suite do Hotel Sheraton en Nova York lle contan ao xornalista que non gozan da súa vida internacional porque ás veces cando espertan pola mañá non saben en que cidade do mundo durmiron, tal é o ritmo de tránsito aéreo que levan, humillando os méritos de Phileas Fogg en moito menos de 80 días. Algo semellante lles acontece aos futbolistas, que aseguran que de todos os países que visitan nas competicións só coñecen as instalacións do hotel nas que permanecen concentrados e a contorna de cemento e asfalto pola que dan o tradicional paseo do mediodía para que os graven as cámaras de televisión. Viaxar non é o mesmo que vivir en tránsito, como reflicte o personaxe interpretado por George Clooney no filme “Up in the air”, recentemente nominada aos Oscar. E non son de película tampouco as vidas viaxeiras que reflicte “Comando Actualidad” esta noite.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros