Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 22 de Xaneiro de 2018

Programas > Músicas e Letras

Información do programa Novas do programa

O titular da RAG preside os actos das Letras no Courel

Méndez Ferrín: “Novoneyra manifestaríase contra o decreto”

Cultura 16/05/2010
  Envía a túa opinión

“Unha forza poética descomunal”. Contundente, porén preciso, Xosé Luís Méndez Ferrín resume con esas verbas o que Uxío Novoneyra representa para a cultura de Galicia. El, arquitecto dun Courel convertido en territorio mítico, é o homenaxeado no Día das Letras Galegas, que se celebra este luns, 17 de maio. O presidente da Real Academia Galega explicou en Radiofusiòn que esta é, entre todas as festas do país, a máis popular, porque “ningunha é tan celebrada e múltiple”. Nin sequera o Día da Patria, o 25 de xullo, suscita tantas actividades, salienta Ferrín, que designa a celebración das letras como outra verdadeira “festa nacional”.


Antón Lopo: “A relación coa terra de Novoneyra resultou incómoda nunha época marcada polo rexeitamento do rural”

Cultura 14/05/2010
  Envía a túa opinión

Uxío Novoneyra está xa gravemente enfermo e rememora a súa vida, desde O Courel da II República ás rúas de Zúric onde viu, a primeiros da década de 1990, os rapaces anestesiarse con heroína. Desde este punto de partida, e utilizando a primeira persoa, Antón Lopo recréanos a vida o poeta do Courel en A distancia do lobo, unha biografía novelada que saía á rúa da man da Editorial Galaxia.


Lamatumbá e Linho de Cuco presentan disco na Festa da Marosa de Burela

Cultura 14/05/2010
  Envía a túa opinión

A explanada do porto de Burela acolle mañá sábado a 12+2 edición da Festa da Marosa baixo o lema “Goza co saber do povo” e organizada pola Asociación Cultural, Deportiva e Recreativa Palestina. Este é o segundo ano que o evento se realiza fóra do espazo natural da praia da Marosa, de aí o de sumar dous, pero a organización agarda que no futuro a festa poida retornar ao seu estado orixinal. Unha vez mais a música será o fío condutor dunha cita que rematará coas actuacións de Linho do Cuco que presentarán 3, Pès de Lán e Lamatumbá que adiantarán algún dos temas do seu novo disco A órbita da banda hipnótica. Os concertos comezarán ás dez con entrada de balde e neles servirase a tradicional queimada.



Baldo Martinez e Maite Dono

Os Sons Nús e o intimismo de Novoneyra

Cultura 14/05/2010
  Envía a túa opinión

"Aquí síntese ben o pouco que é un home". A melancolía de Uxío Novoneyra compaxina co jazz e nos transporta a Nova Orleans. Os novos espazos creativos deséñanse con linguaxes contemporáneas a partir do folclore e da tradición.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -184 -185 -186 -187 -188 -189 -190 -191 -192 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros