Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 16 de Xullo de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

De maior quero ser suplantador

“Na túa pel” (TVG, 22.15 h.)

Sociedade 29/06/2010
  Envía a túa opinión

O xornalismo televisado decidiu nalgún momento que, antes que espectadores, somo incrédulos. Sabichóns, cínicos, coa mosca sempre detrás da orella, así nos ven. Será que con tanta información ao noso alcance xa non nos cremos o primeiro que nos contan, así que alguén nas redaccións de informativos decidiu que en troques de cronistas o que se precisaban eran comerciais, demostradores que ao igual que cando che venden un robot de cociña ou limpeza che fan a comida do día ou che deixan o salón da casa perfumado, non fagan o seu traballo coa palabra, senón coa obra e nunca pecando de omisión. É así como agora nas conexións dos telexornais cando o xornalista está na festa do berberecho acaba comendo unha tapa diante do cámara, ou se fala do fría que está a auga nunha travesía a nado se mete no mar, ou, chegaremos a iso, para demostrar que está na guerra pasea no medio do fogo cruzado. A información substituise pola demostración, e de experimentos como “21 días” nacen remedos como “Na túa pel”, que emite a TVG.


Amigos do alleo

“Guante Blanco” (TVE, 22.15 h.)

Sociedade 28/06/2010
  Envía a túa opinión

A mestura internacional do Mundial de Fútbol ofrécenos coñecementos aos que non accederíamos doutra maneira. Por exemplo, grazas ao partido agónico do pasado venres entre España e Chile sabemos que o adestrador do conxunto americano, o arxentino Marcelo Bielsa, é un ídolo no seu país de adopción. Non o é tanto pola súa pericia na dirección deportiva como polo seu carácter extravagante e a súa permanente fuxida da corrección política. Cando foi o terrible terremoto que arrasou o seu territorio e se produciron saqueos indiscriminados, reclamaron a opinión sobre o acontecemento do gurú futbolístico. Bielsa respondeu que coas primeiras cotas xa se paga verdadeiramente o valor dun televisor de plasma como os que se afanaban nas tendas en medio do caos, e que si el tivese que pasar cinco anos tirando do seu salario para sufragar un tamén o roubaría. Isto valeulle a aprobación e devoción do común dos chilenos. En tempos de caos e crise, o ladroízo cotiza á alza. Se cadra por iso Televisión Española recupera para a noite dos luns a serie "Guante Blanco".


Tan pancho no medio do asexo de millóns

“Mundial de fútbol: España-Chile” (Telecinco, 20.30 h.)

Deportes 25/06/2010
  Envía a túa opinión

Se nos poñemos poéticos, podemos chegar á conclusión de que o estímulo supremo do ser humano é a esperanza, pero esta é unha idea propia dun romanticismo que non encaixa ben no mundo tal e como o vimos desenvolvendo. Afeitos a unha lóxica mercantilista, tamén nos desexos e relacións, resulta máis acaído falar con outra palabra, expectativa, que segundo o diccionario é a consideración da evolución previsible de certas magnitudes económicas. Pero para sermos aínda máis exactos, habería que tirar da afamada economía lingüística do inglés para gozo do Conselleiro de Educación e concluir que a gasolina do motor dos acontecementos é o hype, que poderíamos traducir por bombo ou promoción publicitaria esaxerada. Que ten o fútbol que, malia a sobreexposición constante do produto, non cansa á audiencia? A resposta é o hype. Se os torneos se desenvolvesen con regularidade doméstica, habería tempo que lle teríamos dado as costas ao xogo por saturación. Así que o mellor invento da FIFA foi limitar a unha vez cada catro anos a competición máis agardada de todas. É por iso que diante da televisión este serán fica paralizado o mundo.


Este si era o rei do mundo e non o da proa do Titanic

“Alejandro Magno” (Antena 3, 22 h.)

Sociedade 24/06/2010
  Envía a túa opinión

O demo está nos detalles, asegura a sabedoría popular, que peneira moitos anos e opinións ata decantar a expresión máis pura do sentido común, e que é popular porque obtén o seu argumento de autoridade grazas a que foi contrastatada por moitas persoas que comparten unha mesma resolución. Oliver Stone, director de cine estadounidense, espírito libre, concibiu levar ao celuloide unha vida que de tan enorme, unha enciclopedia non chega para recompilala. Con devoción de documentalista formulou o plan de rodar a versión máis fiel do que tivo que ser a vida de Alejandro Magno, rei de Macedonia e dono de todo o mundo coñecido tres séculos antes do nacemento de Cristo. O plan do realizador era maxestuoso, o investimento fastoso e o resultado, se non desastroso, polo menos si algo decepcionante. O demo está nos detalles, dicía, e tantos millóns de dólares de orzamento e anos de preprodución non abondaron para facerlle ver a Stone que tinguir de loiro o pelo dun irlandés moreno como Colin Farrell para facer de refinado e mítico rexente era unha mala decisión.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros