Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 21 de Xullo de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

O misterioso caso de Isabel Benjamin Button Presyler

“Deberías saber de mí: Isabel Preysler” (Antena 3, 22.15 h.)

Sociedade 23/06/2010
  Envía a túa opinión

Isabel Preysler é irrepetible? É a pregunta que proxecta a promoción do programa de reportaxes de sociedade “Deberías saber de mí” e que nesta ocasión se consagra á filipina máis célebre do mundo agora que Cory Aquino xa desapareceu. A magnitude da interrogante esperta a curiousidade por saber cales son os aspectos que entran en xogo para valorar á diva da alta sociedade. Unha pregunta como esa adoita facerse cos grandes xenios que no mundo foron, do calibre de Platón, Leonardo ou Maradona. Trala figura filiforme e sempre en perfecta disposición para encaixar con graza incomparable no obxectivo da cámara fotográfica, non se adivinan os talentos que merezan a devoción, agás unha non sempre ben ponderadada capacidade de dosificación na súa exposición ao público e á prensa rosa.


Lagarta, lagarta

“Os Visitantes (V)” (TVG, 23.45 h.)

Sociedade 22/06/2010
  Envía a túa opinión

Cando eu era pequeno e non lle tiña medo ás caries ía ás tendas de lambonadas a comprar uns doces de goma con forma de rata que se comían abrindo moito a boca e meténdoos dunha peza. Así de suxerente pode ser a televisión, que ata fai atractivo o feito de zampar o animal máis insalubre do mundo. Pero iso era o que facían os visitantes, os invasores protagonistas de “V”, a serie de moda, que ben se podía chamar “B”, pois de tal calibre era o seu nivel de produción. Porén, mesturábanse de maneira axeitada todos os elementos para o éxito naquela fábula que predecía os últimos agoiros de Stephen Hawking: se vamos polo espacio estelar adiante procurando outras civilizacións, poida que non nos guste o que nos atopemos. En “V” o que aparecían eran lagartos bípedos e intelixentes con pel humana que comían roedores e querían exterminar persoas, lagartas comandantes con gusto pola roupa dúas tallas máis pequena e os bustos prominentes e finalmente, unha confederación de rebeldes que guerreaban dando o toque preciso de violencia. En resumo: unha obra mestra dos anos 80.


Retrato do home contemporáneo

“Uau!: Bruce Willis” (Cuatro, 00 h.)

Sociedade 21/06/2010
  Envía a túa opinión

Foi a alopecia precoz? Ou que Demi Moore o deixase para marchar cun mozo 20 anos máis novo que ela e que el mesmo? Hai algunha úlcera que calma con medicamentos? Non se coñece o motivo, pero se algún xenio clásico das artes tivese que esculpir, pintar ou gravar a faciana humana da resignación e o fastío, debera inventar unha máquina do tempo, viaxar ata os nosos días, e concertar unha cita co axente de Bruce Willis, pois alí, nalgún punto entre a fronte lampiña, as enrrugas da madurez e a queixada de tipo duro, concéntrase a máis depurada expresión deses sentimentos. Ninguén sabe aínda que lle fixeron ao actor estaounidense, pero nalgún intre da súa vida, a cara se lle conxelou cun aceno que, mesmo cando ri, semella que aínda ten unha conta pendente que resolver coa vida. Haberá quen discuta a súa filmografía, á que non lle faltan pezas magníficas, pero que a súa presenza física trascende o inmediato é un asunto innegociable.


Cada vez que se programa, Nintendo mata un gatiño

“Super Mario Bros.” (TVG, 01.00 h.)

Sociedade 18/06/2010
  Envía a túa opinión

É unha característica curiosa nas novas formas do entretemento electrónico que, sendo xa masivas e consumidas por millóns, o seu impacto cultural é aínda minúsculo en relación coas propostas para o tempo de lecer máis tradicionais. Se Tom Cruise estrea unha nova película, habémonos enterar aínda que non o pretendamos, xa non pola publicidade pagada en carteis e anuncios de televisión ou radio, senón pola atención que o asunto merece como contido informativo para prensa e boletíns de radio e televisión. O mesmo acontece se Carlos Baute presenta nova canción do verán –non o queira Deus-. Non haberá onde agocharse e o fungar das vuvuzelas dos estadios de fútbol surafricanos acabará por parecernos melodiosos asubíos de paxara fronte ao ritmo sandunguero do venezolano. Porén, a industria do videoxogo, esa que agora interesa tamén a maiores como antes o facía cos pequenos, non goza da mesma atención ou publicidade gratuíta.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros