Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 26 de Abril de 2018

Programas > Músicas e Letras

Información do programa Novas do programa

Socorro Lira

As cantigas de amigo galego-portuguesas protagonizarán un exclusivo concerto na Illa de San Simón

Cultura 11/05/2010
 5 comentario/s - Envía a túa opinión

Cores do Atlántico, este é o nome dun libro-disco que onte saía á venda apadriñado pola asociación Ponte... nas Ondas! e PAI Música. O traballo colle como referente as cantigas de amigo da tradición medieval para darlles un toque contemporáneo tras pasalas pola música da cantautora brasileira Socorro Lira, polas ilustracións do artista lucense Quique Bordell e mais polas novidosas achegas teóricas da especialista holandesa en literatura medieval, Ria Lemaire. O traballo será presentado este venres nun concerto que se celebrará na Illa de San Simón e que forma parte do proxecto Creativa da Agadic. Un directo ao que asistirán unhas 150 persoas e no que actuarán Socorro Lira, Margareth Menezes, Joao Afonso, Teresa Paiva, Eneida Marta e Uxía. O que o desexe poderá seguir o evento a través da web www.coresdoatlantico.com.



A marca barbie non só serve para referirse á famosa boneca, senón tamén para definir a algunhas mulleres

Noemí Álvarez e María Rey resolven a cuestión de “¿Por que o cola-cao non está no dicionario?”

Cultura 07/05/2010
 7 comentario/s - Envía a túa opinión

A editorial Toxosoutos vén de publicar ¿Por que o cola-cao non está no dicionario? Lingua galega e marcas rexistradas. Un ensaio das filólogas Noemí Álvarez e María Rey que decidiron recoller nun libro os diferentes usos que lle damos aos nomes dalgunhas marcas como cola-cao, rimmel, barbie ou michelin. Palabras que usamos moitas veces como termo xenérico para referirnos a unha serie de produtos de similares características, aínda que de diferentes firmas; ou ben que introducimos no noso vocabulario para usalas en sentido metafórico.




Nadadora actuará tamén en Vilagarcía o venres 21 de maio

Nadadora en Live in the living

Cultura 07/05/2010
  Envía a túa opinión

O grupo pontevedrés Nadadora estreará pezas do seu disco que sairá ao mercado en setembro, no concerto Live in the living, que este sábado comparte en Santiago de Compostela xunto con Nouvelle Cuisine e co músico holandés Rick Treffers, o creador deste novo conceito de música en directo. Trátase dunha actuación limitada a 66 persoas. Desenvolveráse no xardín da casa do crítico musical Xavier Valiño.


Ilustración de Miguel Robledo para o poema “Recoged esta voz”

Kalandraka presenta “Miguel Hernández: 25 poemas ilustrados” na localidade natal do escritor

Cultura 06/05/2010
  Envía a túa opinión

Este ano conmemórase o centenario do nacemento do poeta Miguel Hernández e a editorial galega Kalandraka apostou por sumarse a esta celebración coa publicación da obra Miguel Hernández: 25 poemas ilustrados. O volume chega esta semana ás librarías. Trátase dunha coidada edición na que colaboran artistas galegos como Baldo Ramos, Belén Padrón, Federico Fernández, Miguel Robledo, Óscar Villán, Pablo Otero, Ramón Trigo, Xosé Cobas e o deseñador suízo afincado en Galicia, Marc Taeger. O libro preséntase hoxe xoves en Orihuela (Alacante), cidade natal do escritor, coa presenza de diversos ilustradores que contribuíron, coa súa achega artística, a ofrecer unha nova visión da obra deste poeta universal.



1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -184 -185 -186 -187 -188 -189 -190 -191 -192 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros