Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 17 de Xaneiro de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Onde vai o glamour do Conde Drácula?

“No soy como tú” (Antena 3, 22.15 h.)

Sociedade 17/06/2010
  Envía a túa opinión

A adaptación, contan algúns biólogos, é o segredo da supervivencia. O rock dos brancos conquistou o mundo facendo seu o blues dos negros, e senón que llo pregunten a Elvis ou Led Zeppeliln. A música pop en España apoiouse na fórmula que tiñan aprendida os anglosaxóns, e moitos dos artistas de aquí traducían directamente os éxitos británicos ou americanos. Pregúntenlle a José Guardiola ou Mike Ríos. E entón comprendemos que, postos a implicarnos no tema do entretemento masivo, mellor copiar aos éxitos de alén do océano, e senón que nolo expliquen os responsables de “No soy como tú”, a miniserie que estrea esta noite Antena 3, e que, para entendérmonos e por moito que lles amole aos seus responsables, que fan todo o posible para marcar as distancias, é como a saga “Crespúsculo” pero ambientada en Pozuelo de Alarcón.


A felicidade era isto

“Comando Actualidad: De lo bueno lo mejor” (TVE, 22.15 h.)

Sociedade 16/06/2010
  Envía a túa opinión

Eu, que son de bo dente mais tampouco de padal exquisito, vivín a transmutación do peixe en carne, ou máis concretamente en gorentoso e graxento xamón de pata negra. Non é por presumir de Phileas Fogg, pero o milagre aconteceu hai tres anos, ás sete da mañá na lonxa de peixe de Tsukiji, en Tokio. Alí, cun coitelo que parecía unha katana, o cociñeiro samurai fileteou diante de min un anaco de atún vermello que, posto no padal, esvaecíase deixando sabores moi ricos todos eles pero que nada tiñan que ver co peixe cru. A especie está en busca e captura e a súa supervivencia ameazada: non se pode estar tan bo, así que os xaponeses demandan todas cantas reservas hai no mundo desa delicatessen. O atún de almadabra págase ata 3.000 euros o exemplar. É un dos alimentos de luxo aos que dedica a súa reportaxe “Comando Actualidad” para que ignorantes coma min fagamos cálculo mental cando metemos comida na boca sen valorala de maneira axeitada.


Mira nos seus ollos e verás o abismo da televisión

“Enemigos Íntimos” (Telecinco, 22 h.)

Sociedade 15/06/2010
  Envía a túa opinión

Se tivese que procurar dúas palabras para definir o novo programa de Telecinco para a noite dos martes procuraría no diccionario todas aquelas que denoten o feito de falar mal do alleo. Porén, e todos os que veñen cultivando a disciplina de poñer pingando aos veciños concordarán coa solución da canle amiga, esta coida que o que ofrecerá o espazo presentado por Santi Acosta é actualidade e entretemento. Dedicar varias horas a falar de Isabel Pantoja puidera ser actual en calquera outra televisión que non levase varios anos dándolle voltas e voltas a esta cuestión, tantas que mesmo parece que toda a súa programación orbitase arredor dela. Agora sabemos que como moito a Pantoja pode ser Saturno, pero que o Sol desta galaxia é Belen Esteban. E no que respecta ao entretemento, tamén podemos concluir que aos porcos lles encanta rebozarse nas lameiras e non por iso é unha maneira de lecer que aos humanos, por moita xenética que compartamos, nos teña que parecer excelente.


Bond comparte os ideais de Durao Barroso

“El mundo nunca es suficiente” (La Sexta, 22.15 h.)

Sociedade 14/06/2010
  Envía a túa opinión

Corren malos tempos para Europa. Para o mundo en xeral, si, pero ao vello continente dóenlle os xeonllos, quéixase de que non ten fame, cústalle durmir e sente malestar. Aturar o peso da civilización durante séculos causa estragos e, mal que lle pese, os seus relevos, americanos e chineses, asoman máis lozanos. Se cadra o euro non resultou ser o elixir da eterna xuventude que se pretendía, pero do nariz de Lisboa ata os pináculos de Estambul e máis aló hai algo que o diñeiro non pode comprar. Chámaselle charme, encanto, glamour ou como se queira, ou historia cuxo olor a gloria nin a naftalina pode disimiular. Velaí está a riqueza europea e non na contabilidade do Fondo Monetario Internacional. Iso sábese en todas partes, e por iso cando o axente secreto Bond ten que paralizar unha cidade para rodar unha simple escena na que salta por unha fiestra, non escolle Wichita ou Chengdu, senón Bilbao e o seu fastuoso Museo Guggenheim para que asome nun fabuloso plano de fondo, sen nescesidade de inserilo por ordenador.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros