Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 18 de Xuño de 2018

Programas > Músicas e Letras

Información do programa Novas do programa

Ilustración de Miguel Robledo para o poema “Recoged esta voz”

Kalandraka presenta “Miguel Hernández: 25 poemas ilustrados” na localidade natal do escritor

Cultura 06/05/2010
  Envía a túa opinión

Este ano conmemórase o centenario do nacemento do poeta Miguel Hernández e a editorial galega Kalandraka apostou por sumarse a esta celebración coa publicación da obra Miguel Hernández: 25 poemas ilustrados. O volume chega esta semana ás librarías. Trátase dunha coidada edición na que colaboran artistas galegos como Baldo Ramos, Belén Padrón, Federico Fernández, Miguel Robledo, Óscar Villán, Pablo Otero, Ramón Trigo, Xosé Cobas e o deseñador suízo afincado en Galicia, Marc Taeger. O libro preséntase hoxe xoves en Orihuela (Alacante), cidade natal do escritor, coa presenza de diversos ilustradores que contribuíron, coa súa achega artística, a ofrecer unha nova visión da obra deste poeta universal.




Portada de “Año Santo”

Triángulo de Amor Bizarro presentan “Año Santo” na Coruña

Cultura 04/05/2010
  Envía a túa opinión

Aseguran ser un grupo de extremos, ou encantan ou desgustan. Triángulo de Amor Bizarro volve á carga neste 2010 e faino con novo álbum, o segundo, que chega despois de tres anos de seca e que onte saía á venda. Año Santo, este é o título elixido polo agora cuarteto, que desde a marcha Julián Ulpiano deu a benvida na batería a Rafael Mallo e nos teclados a Óscar Vilariño. “Estamos nunha etapa chea de creatividade, o que nos ten moi contentos”, asegurou en Radiofusión a baixista e agora tamén vocalista da banda, Isa Cea. TAB presentan mañá na Fnac da Coruña este novo disco. Interpretarán todos os temas e segundo comentou Isa, tratarán de portarse ben, dada a situación do concerto, aínda que non prometen nada.




Villar está a recibir o recoñecemento de crítica e público por “A praia dos afogados”

Domingo Villar: “Leo Caldas máis eu estamos nas primeiras fases do amor”

Sociedade 02/05/2010
  Envía a túa opinión

O premio Losada Diéguez, no seu apartado de Creación Literaria, é o último galardón que se suma á longa lista de recoñecementos que está a conseguir a obra A praia dos afogados, de Domingo Villar. Esta novela policíaca, na que por segunda vez nos atopamos co inspector Leo Caldas, vai ter continuación, tal como contou o seu autor a Radiofusiòn. Villar confesou que vive unha historia de amor co seu personaxe protagonista e que, de feito, aínda se atopan “nas primeiras fases do namoramento”. Porén, se no futuro chega a fartura porá fin á relación de maneira tráxica: “non me tremerá a man á hora de matalo”, asegurou.


O filólogo é tamén secretario do Consello da Cultura

Henrique Monteagudo ocupará unha cadeira vacante da RAG

Cultura 30/04/2010
  Envía a túa opinión

A cadeira orfa de dono na rúa Tabernas dende o pasamento de Antonio Gil Merino, xa ten dono. O filólogo Henrique Monteagudo vén de ser escollido como académico electo polo plenario da Real Academia Galega, que preside o escritor Xosé Luís Méndez Ferrín, e que se reuniu hoxe na Coruña. Monteagudo, unha das voces máis populares verbo das cuestións sociolingüísticas que atinxen ao idioma galego, é membro do Consello da Cultura Galega dende 1998, exercendo na actualidade as funcións de secretario.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -184 -185 -186 -187 -188 -189 -190 -191 -192 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros