Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 19 de Xuño de 2018

Programas > Músicas e Letras

Información do programa Novas do programa

Cartaz da marcha

O galego, o noso existir

Cultura 30/04/2010
  Envía a túa opinión

O galego, o noso existir. Ese será o lema da iniciativa convocada pola plataforma Queremos Galego para o vindeiro 17 de maio, Dia das Letras Galegas. Unha manifestación en defensa da lingua propia sairá da Alameda e pretende encher a Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela.


Los Coronas, Sindicato del Crimen e Sweet Oblivion Band animarán o Festival Arteficial

Cultura 29/04/2010
  Envía a túa opinión

Música alternativa, maxia, proxeccións audiovisuais, teatro e exposicións serán as protagonistas esta fin de semana en Ribadavia. Mañá arrinca no IES O Ribeiro a cuarta edición do Festival Arteficial, organizado pola asociación que lle dá nome. Un evento que ano a ano se vai consolidando grazas ao apoio do público, dos locais da zona e das institucións e que este ano terá como protagonistas musicais da primeira xornada aos madrileños Los Coronas, os navarros Electric Riders e as bandas galegas Sweet Oblivion Band e Pacífico. Xa o sábado, será a quenda de máis grupos chegados da capital do Estado como Sindicato del Crimen, que presentarán novo disco, e Second Silence. Sucias Ratas serán os representantes do país e os andaluces Guerrilla realizarán un tributo A Rage Against The Machine.




Toni Zenet

A fusión natural e actual de Zenet

Cultura 27/04/2010
  Envía a túa opinión

Tras gañar o premio ao Artista Revelación na pasada edición dos Premios da Música, o “crooner” andaluz Toni Zenet chega ao Salón Teatro de Santiago de Compostela, mañá mércores, dentro da súa xira de presentación do seu primeiro disco en solitario: Los mares de la China. Copla andaluza, tango arxentino, sons cubanos e jazz norteamericano mestúranse nunha fusión natural e moi actual.


Emilio Rúa presentará “Interior” no Concerto pola Lingua

Cultura 27/04/2010
  Envía a túa opinión

O ourensán Emilio Rúa presentaba hai escasas semanas o seu terceiro traballo discográfico, Interior. Neste novo álbum volve contar con Uxía como produtora, á que se sumou o brasileiro Sergio Tannus, quen tamén fixo algún dos arranxos incluídos no disco. Pero a lista de acompañantes non remata aquí porque tamén colaboran nalgún dos 11 temas de Interior Guadi Galego, Budiño, Quin Farinha, Toni Lomba, Uxía e Marcos Teira. Este novo traballo escoitarase ao vivo na Praza de Santa María de Lugo este sábado a partir das oito da tarde na celebración do Concerto pola Lingua, no que tamén actuarán Os 3 Trebóns e Mercedes Peón.



1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -184 -185 -186 -187 -188 -189 -190 -191 -192 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros