Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 25 de Abril de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Mito do rock circa 2010

“Rock in Río Madrid” (La 2, 21 h.)

Cultura 04/06/2010
  Envía a túa opinión

En “Caso Abierto”, a serie de investigadores que emite La Sexta, tratan esta noite o crime dun mozo cuxo cadáver apareceu cunha bala no estómago durante a celebración do festival de Woodstock. Arriscándome a ser macabro, non podo deixar pasar o feito de que alí, entre a lameira e o eco do crepitar dos amplificadores, aparecerían centos de corpos máis, con balas nas témporas disparadas pola súa propia man se os fans da música e o espírito libre souben que tal día como hoxe, en La 2 se retransmite o Festival Rock in Río, mentireiro no seu nome e no seu espírito. Que saibamos, na avenida da Castellana aínda non agromaron as palmeiras e o único sitio para poñerse a remollo no centro de Madrid é o estanque do Retiro, así que non se lle atopa a semellanza con Copacabana á cidade dos chulapos onde se convoca o evento musical. E chamarlle “Rock” a un evento no que actúan Shakira, Rihanna ou Bon Jovi fai chorar mesmo a Ozzy Osbourne.


A posmodernidade era isto

“Showgirls” (TVG, 23.45 h.)

Sociedade 03/06/2010
  Envía a túa opinión

Que é a posmodernidade? A min custaríame explicalo, pero de cando en vez veñen pequenas intuicións que nos poñen diante do inefable para que o recoñezamos malia que con palabras non sexamos quen de aprehendelo. Eu tiven unha epifanía así vendo no cine “Showgirls”. Non sucedeu de súpeto: tivo que pasar un certo tempo de incubación e superar a mestura de pasmo e arrepío coa que saín da proxección. Promocionouse como a película máis tórrida do seu tempo: alí onde “Instinto Básico” só deixaba ver o nocello, “Showgirls” arremangaba a saia ata o embigo. Para camuflar a imaxe de salidorro direi na miña defensa que fun vela cunha amiga coa que compartía propósito: rememorar os días adolescentes de “Salvados por la campana”, a comedia teenager das tardes de Antena 3, aquela na que Screech lle roubaba plano a todo o castings de modelos sanotes. Eu e todos, éramos de Kelly Kapowsky, pero ao final resultou ser a chapona da serie, a actriz Elizabeth Berkeley, a que decidiu facer carreira en Hollywood poñendo toda a carne no asador e na barra americana.


Servizo de habitacións tarantiniano

“Hotel, dulce Hotel” (Cuatro, 22.30)

Sociedade 02/06/2010
  Envía a túa opinión

As empresas de hospedaxe teñen dado non poucas glorias na televisión. Aínda recordo o mundo de glamour e interrelacións persoais que se tecía de habitación en habitación en “Hotel”, a serie dos anos 80 protagonizada por Josh Brolin e Connie Selleca. Claro que a súa lembranza sería sometida polo “Hostal Royal Manzanares”, a revista traspasada a pantalla para maior gloria de Lina Morgan e os seus bailes trencos. Como escenario para a ficción, os hoteis son ideais, xa que permiten a introdución cotiá de novos personaxes e a ida e volta dalgúns máis habituais. Pero como obxecto dun programa documental aínda non os gozáramos nunha canle non especializada. Dentro da nova tendencia inventada polas televisións españolas para afundirnos na miseria nestes tempos de crise mediante a exposición a unha vida de riqueza fóra do noso alcance, Cuatro decide entrar nas habitacións de aluguer máis selectas de España en “Hotel, dulce Hotel”, que se estrea esta noite.


Vantaxes do bandullo no verán: a mesa de terraza portátil

“Gran Cambio” (TVG, 21.45 h.)

Sociedade 01/06/2010
  Envía a túa opinión

Coa entrada no mes de xuño, quen queira atopar unha bicicleta estática libre vaino ter cru. Entramos na recta final da chamada “Operación Bikini” que ten por obxecto comprimir as nosas graxas sobrantes dentro de exiguas pezas de roupa. En circunstancias como esta eu son dos que bota de menos aqueles traxes de baño de tempos antigos, feitos dunha peza e con tirantes polo ombreiro, que recollían e mantiñan ergueitas as chichas que agora, con movemento pendulante, colgan por enriba da cintura da bermuda. Paseos marítimos cheos de xente camiñando dun lado para o outro e caravana nas piscinas nas que hai que nadar ao cadeliño para non levar a ninguén por diante vai ser o escenario para todos cantos apuran os últimos días antes da proclamación de Lorenzo como luz reveladora de todas as nosas miserias lambonas. A Televisión de Galicia, moito máis previsora, xa hai semanas que ten en marcha o seu máster en adelgazamento, chamado “Gran Cambio”.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros