Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 26 de Abril de 2018

Programas > Músicas e Letras

Información do programa Novas do programa

Libros para Soñar tamén celebra quincenalmente sesións de contos para nenos e nenas de 0 a 3 anos

Libros para soñar celebra o Dia do Libro

Cultura 22/04/2010
  Envía a túa opinión

A librería Libros para soñar do casco vello de Vigo cumpre mañá, 23 de abril, Día do Libro, o seu décimo aniversario, e celébrao invitando a nenos e nenas, nais e pais, e público en xeral, a unha sesión especial de contos, música e larpeiradas, a partir das 18:30 horas. Entre os invitados estarán os autores Xosé Ballesteros e Olalla González, o ilustrador Marc Taeger, que fará un mural colectivo cos debuxos dos asistentes, a mestra e narradora Iria Mantilla, e o músico Xoan Carlos Vázquez, do cuarteto Caramuxo. Como é tradicional nesta data, os libros terán un 10% de desconto no seu prezo. Ademais, os visitantes poderán participar nestes días no sorteo dun lote de álbums ilustrados.


O profesor Jacques Guyot dirixe o Centre d’études sur les médias, les technologies & l’internationalisation

As linguas e culturas minorizadas necesitan políticas activas, segundo Jacques Guyot

Sociedade 21/04/2010
  Envía a túa opinión

"Sen políticas activas, non se poden valorizar as culturas das minorias" afirmou esta tarde en Santiago de Compostela o profesor da Universidade Paris 8, Jacques Guyot. O director do Cemti presentou unha ponencia no marco das xornadas Comunicar Cultura, organizadas polo Consello da Cultura Galega.


Maga presentan en Galicia o seu disco máis luminoso

Cultura 21/04/2010
  Envía a túa opinión

O trío sevillano Maga vén de sacar novo álbum, o cuarto xa da súa traxectoria, baixo o título A la hora del sol. O traballo supón o comezo dunha nova etapa para banda, marcada polo optimismo tralo cambio de discográfica. Este novo disco sae baixo o selo Mushroom Pillow e muda o habitual ton abstracto dos andaluces por un máis cotiá. A la hora del sol escoitarase mañá xoves na Sala Karma de Pontevedra, o venres na Mondo de Vigo e o sábado no Playa Club da Coruña.




O catedrático de Historia explicará a súa xestión diante do Parlamento

Ramón Villares, reelixido presidente do Consello da Cultura Galega

Cultura 20/04/2010
  Envía a túa opinión

O Consello da Cultura Galega seguirá durante catro anos máis con Ramón Villares á súa fronte. O plenario desta institución reelixiu por unanimidade esta tarde (cun só voto en branco) o catedrático de Historia como presidente, sendo a súa a única candidatura que se presentaba ao cargo. Antes de que o Consello da Xunta faga oficial o seu nomeamento, e en cumprimento do actual regulamento da institución, o presidente electo solicitará por vez primeira na historia do organismo comparecer ante o Parlamento para explicar o seu programa. Encol do mesmo, Villares adiantou que continuará nas liñas do mandato que agora expira, é dicir, incrementar a "musculatura administrativa e de xestión" do CCG, facer do Consello un centro de referencia do sector cultural e traballar de xeito específico a visibilidade exterior da nosa cultura.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -184 -185 -186 -187 -188 -189 -190 -191 -192 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros