Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 20 de Xaneiro de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Non é Wichita no Far West, é o Rocío tralo po

“Comando Actualidad: Por el camino” (TVE, 22.15 h.)

Sociedade 26/05/2010
  Envía a túa opinión

Disque a fe move montañas pero, hipérboles fóra, o que si move son pernas. Moitas. Ademais de cos cepillos da misa, pouca maneira hai mellor de cuantificar o poder de convicción das relixións que contabilizando extremidades de peregrinos que, por todo o orbe, camiñan e camiñan para ofrecerse a algunha divindade milagreira. Hainos que collen para Xerusalén, outros que se poñen a xirar arredor da Meca e eu mesmo sei de quen sube de xeonllos en carne viva ata a ermida dos milagres de Caión, que xa costa chegar de pé como para aínda por riba facelo con alarde. Pero é o que ten a peregrinación, algo tan prehistórico en tempos do transporte motorizado que agora triúnfa como fenómeno turístico ou experiencia new age de saldo para curiosos. “Comando Actualidad” emite esta noite a reportaxe “Por el camino”, algo así como o derby norte-sur dos peregrinos, entre os que tiran pola Ruta Xacobea e os que seguen o Camiño do Rocío.


Baronía anabolizada

“Buenafuente: Baronesa Thyseen” (La Sexta, 00.40 h.)

Sociedade 24/05/2010
  Envía a túa opinión

A televisión é o como o peto de marsupial que tiña o gato espacial Doraemon: nel cabe de todo. O mesmo trebello que proxectaba para gran expectación mundial o derradeiro capítulo da serie “Perdidos”, algo así como un quebracabezas de 1.000 pezas que había que recompoñer nun agardado desenlace adiado durante seis anos, ten cabida para acoller algo tan oposto ao posmodernismo da nova ficción como unha entrevista á Baronesa Thyssen. Claro que, contra prognóstico, Tita Cervera fuxe de todos aqueles que devecen polas súas palabras e, en troques de someterse ao escrutinio dos profesionais do corazón que non teñen título de cardiólogo, escolle laretar con Andreu Buenafuente, a quen non se lle coñece afección por remexer no lixo alleo.


Sorrisos e bágoas

“Reporteros Cuatro. REC. Detrás de la Copa” (Cuatro, 23.30 h.)

Sociedade 21/05/2010
  Envía a túa opinión

Ademais de polo Entroido, eu só coñezo dúas ocasións nas que é lícito disfrazarse: unha son os festivais de música moderna, eses nos que pensas que vas rachar coa pana co teu look yonki-chic e resulta que sempre, sempre hai alguén máis moderno ca ti; e outra, son os partidos de fútbol, onde homes con bandullos cervexeiros vestimos as mesmas camisetas elásticas que as marcas deportivas conciben para os abdominais traballados dos nosos ídolos atléticos. O ritual do seareiro futbolístico alcanza o seu máximo apoxeo na final da Copa do Rei, un éxodo masivo de dous entroidos que se xuntan na mesma cidade para vivir emocións extremas: disque se vai a ver un partido de fútbol, pero é mentira. Vaise xogar se unhas horas despois viaxarás 500 quilómetros en autocar rindo de contento ou enchoupando os asentos do Castromil cos teus choros. Do que acontece nesa peregrinación anual á meca do fútbol español da conta o programa de “Reporteros Cuatro: REC. Detrás de la Copa”.


Leccións de depredación

“Hai que mollarse” (TVG, 21.55 h.)

Sociedade 20/05/2010
  Envía a túa opinión

Abonda xa de satanizar ás grandes cadeas de alimentación. Ou nas escolas comezan a impartir leccións de tiro de lanza e loita corpo a corpo ou dentro de poucos anos a nosa subsistencia dependerá delas. No prazo de unha ou dúas xeracións, seremos unha civilización famenta de non ser por Ronald McDonald. Dende os tempos de Altamira fomos progresivamente atrofiando as nosas habilidades depredadoras e agora o máis que cazamos son moscas co zeta-zeta e algún virus da gripe cando non poñemos a bufanda. Se non existisen as granxas e a produción de alimentos estandarizada, e tivésemos que manexarnos coas nosas propias mans e o instinto de supervivencia, estariamos abocados á macrobiótica de comer herbas. Xa non somos cazadores, agás os que o son por afección e con armas que desequilibran a loita, e aínda menos mal que, por iso de ter tanto mar e ríos, aínda nos presta o da pesca, xa que en caso de cataclismo da industria alimentaria íamos aviados.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros