Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Domingo 15 de Xullo de 2018

Programas > A Base do Deporte

Información do programa Novas do programa

Ant´ón Paz e Fernando Echavarri competindo na clase Tornado

Cinco galegos forman parte do Equipo Preolímpico de Vela

Deportes 01/06/2009
  Envía a túa opinión

A Federación Española de Vela vén de facer pública a listaxe de regatistas que conforman o Equipo Preolímpico que recibirá apoio e formación da institución deportiva para tutelar a súa formación e adestramentos de cara os Xogos Olímpicos de Londres, no 2012. Dos 33 compoñentes do equipo, 21 homes e 12 mulleres, 5 son galegos, entre os que destacan os aínda recentes medalla de ouro na clase Tornado, Fernando Echavarri (santanderino residente en Pontevedra) e Antón Paz (Vilagarcía), que, de manterse a modalidade repetirían, buscando outra alternativa, en caso contrario. As viguesas Marga Cameselle e Esperanza Barreras, actuais campioas de España de Match Race Feminino, son as primeiras candidatas da historia náutica española á nova clase que se estreará en Londres, xunto a Lara Cacabelos (Sanxenxo), que xa formou parte dun equipo preolímpico na clase Yngling, sendo compoñente do segundo combinado feminino do Match Race español.


Cogami promove a práctica da vela adaptada

O Proxecto Gavea derruba as barreiras que separan ás persoas con discapacidade da práctica da vela

Sociedade 29/05/2009
  Envía a túa opinión

O veleiro Laión experimentou varias, e moi diferentes, vidas. Utilizábase para o narcotráfico ata que, no ano 2002, foi incautado pola Audiencia Nacional. Nese momento resultaba difícil imaxinar un aproveitamento tan bo como o que lle deu despois a Asociación de Discapacitados da Bisbarra de Muros. O colectivo obtivo a cesión en garda e custodia do barco e aí naceu o Proxecto Gavea. O programa A Base do Deporte achegouse a esta iniciativa que a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami) puxo en marcha co obxectivo de derrubar as barreiras que separan ás persoas con diversidade funcional das actividades náutico-deportivas.


O footing contribúe a unha mellor condición física

Un de cada dous galegos practica algunha actividade físico-deportiva

Deportes 27/05/2009
  Envía a túa opinión

Os primeiros profesionais na historia da medicina, na época de Babilonia ou de Grecia, aseguraban que a práctica sistemática de exercicios físicos é un elemento esencial para a consecución dunha boa saúde. Por iso, non só o deporte axuda a mellorar a nosa condición física, prevendo enfermidades, contribuíndo ao equilibrio mental e a evitar o estrés; senón tamén outras actividades como camiñar, correr, ir ao ximnasio ou a natación recreativa.


Remeiros do Tirán

Tras o ouro no galego de traineriñas, o Remedios viaxa ao estatal co obxectivo de clasificarse para final

Deportes 26/05/2009
  Envía a túa opinión

As augas arousás de Cabo de Cruz acolleron esta fin de semana as finais do Campionato Galego de Traineriñas. O Chapela gañou na categoría absoluta feminina; o anfitrión, Cabo de Cruz, en xuvenís masculinos; e a tripulación moañesa de Remedios en absolutos masculinos. O filial do Tirán viaxa pois esta fin de semana a Castro Urdiales para participar na competición estatal na que pelexará para meterse na final.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros