Son bós tempos para o Maniños: pode chegar tan alto como unha mision espacial do Cabo Cañaveral. Pero a Liga presúmese complicada, porque o Narón tampouco fallou e continua empatado na cabeza da clasificación da Segunda Galicia de fútbol.
“Vainos custar moito gañar” afirma o adestrador do Maniños Pablo Mesa. O equipo branco visita ao Rápido de Neda, un bó conxunto. Aprender dos erros e fomentar as virtudes son os retos do Maniños, agora lider da Segunda Galicia de fútbol, empatado a puntos co Narón. Todo o mundo intentará gañarnos, suliña Mesa. Rápido de Neda – Maniños. Domingo ás cinco da tarde no municipal de Neda. Pitará o colexiado Juan Carlos Blanco.
O Maniños de Fernando Aneiros segue imparable, imbatible e envexable con eses 64 puntos e a dez das segundas clasificadas. O marcador acabou Capela 1- Maniños 7. O técnico, coa seriedade que o caracteriza, afirma que a pesar do folgado do resultado o reto non foi sinxelo. Proba diso é o empate a uns co que os dous equipos marcharon ao descanso. En mérito das rivais, Aneiros cita a Moca (ex do Maniños) tocada dun xeonllo ou o estado físico que acusaron na segunda parte, cando as fenesas trocaron o rumbo do choque.
Empate a uns do Perlío con Discalzas. O Perlío ven de encaixar unha derrota e dous empates nos últimos encontros. O técnico, Jorge Bello, afirma que saíron dormidas e encaixaron un gol na primeira xogada. Remontar foi complicado. A pesar da adversidade, na primeira parte as xogadoras do Perlío estiveron metidas no campo rival e tiveron varios paus sen consecuencias. Finalmente Ainara logra empatar dun saque de corner. Influíu no equipo fenés a lesión de Antía no nocello que podería tela apartada do xogo, cando menos a próxima semana.