Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 20 de Agosto de 2018

Programas > Zona Verde

Información do programa Novas do programa

As guindas son moi recomendabeis para persoas co colesterol alto

A riqueza das árbores froiteiras

Sociedade 16/07/2011
 3 comentario/s - Envía a túa opinión

Poucas guindas quedan xa na comarca. Os paxaros comeron as que non recolleu a veciñanza para elaborar o licor máis típico das comarcas de Ferrol, Eume, Ortegal. Nas terras de Ancos e Bezoucos misturanse con agarimo os ingredientes para confeccionar a beberaxe que logo se ofrecerá aos visitantes. As guindas ademáis, son froitas extremadamente boas para reducir os niveis de colesterol. Disque inxerir 10 ao día ten efectos milagreiros.


A camelia e ao fondo a oficina de Turismo de Fene

Un xardín en forma de barco

Sociedade 02/07/2011
  Envía a túa opinión

Un xardín en forma de barco atópase na Avenida Naturais de Fene, na volta do Cádavo, na parcela onde se ubicou no seu tempo o mercado municipal. A terra fora doada ao Concello a comezos do século XX pola familia González-Cela, tras a mediación do avogado e galeguista ferrolán Rodrigo Sanz  A planta deste pequeno recuncho que rodea á Oficina de Turismo é triangular, a semellanza da cuberta dun barco, coa proa apuntando para a antiga Astano.


O buxo na beirarrua entre Limodre e San Xoan de Piñeiro

Un buxo de 200 anos en Limodre

Sociedade 26/06/2011
  Envía a túa opinión

Un buxo de arredor de 200 anos separa Limodre de San Xoan de Piñeiro, entre Fene e Mugardos. O buxus sempervirens pode chegar a unha altura de ata 5 ou 6 metros. É un arbusto de follas perennes, da familia das buxáceas, crecemento ás veces moi lento, que pode vivir varios séculos.  E unha das árbores senlleiras de Fene, segundo se salienta nun catálogo editado polo Concello o Dia da Árbore do 2008.


As nogueiras americanas e Fene ao fondo

As nogueiras americanas presiden o Parque Castelao

Sociedade 18/06/2011
  Envía a túa opinión

4 fermosos exemplares de nogueira americana presiden o Parque Castelao de Fene. Contan con máis de 70 anos de idade e na comarca non atopamos exemplares desta especie e menos deste volume e porte.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros