Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 21 de Abril de 2018

Programas > Onda Rural

Información do programa Novas do programa

Imaxe do Consello Consultivo de Agricultura celebrado en Madrid

O ministerio do Medio Rural recoñece a ausencia de signos de recuperación no sector lácteo

Sociedade 19/05/2009
  Envía a túa opinión

A crise do sector lácteo, e a súas posibles solucións, centraron o Consello Consultivo de Agricultura celebrado en Madrid. Do resultado desa xuntanza deu conta a secretaria xeral de Medio Rural, Alicia Villauriz, quen salientou que o goberno central está a realizar múltiples esforzos para paliar a actual situación, pero recoñeceu que a evolución dos prezos non é a desexable. Mentres, en Galicia comezan a darse os primeiros pasos de cara a organizar a tractorada prevista para o día 26. O programa Onda Rural deu conta sobre estes asuntos relacionados co sector lácteo.


Os grelos queren deixar de ser un produto de autoconsumo para converterse en fonte de riqueza

Sociedade 18/05/2009
  Envía a túa opinión

Os grelos forman parte da tradición, cultura, economía e gastronomía galegas. Prodúcense dende hai milleiros de anos e hoxe en día continúan moi presentes nas nosas terras de cultivo ou nos nosos pratos. Non obstante, trátase dun produto pouco exportado, que se dirixe principalmente ao autoconsumo ou aos mercados locais. Unha concepción que se pretende mudar, tal e como recolleu o programa Onda Rural.


Os gandeiros entenden que existe competencia desleal por parte da distribución

Os sindicatos agrarios denuncian ás cadeas de supermercados ante os tribunais da competencia

Sociedade 15/05/2009
  Envía a túa opinión

Os sindicatos Unións Agrarias e Xóvenes Agricultores denunciarán ás empresas distribuidoras por abuso de posición dominante na venda de leite. Farano por partida tripla: ante os tribunais da competencia galego, estatal e europeo. Este asunto centrou o programa Onda Rural, que recolleu as explicacións dos representantes destas dúas organizacións agrarias.


O Ministerio de Medio Rural anuncia 70 millóns de euros adicionais para o sector lácteo

Sociedade 14/05/2009
  Envía a túa opinión

O Ministerio de Medio Rural destinará preto de 70 millóns de euros adicionais aos produtores de leite de vacún, a través dun programa de apoio ao sector. Este foi unha das principais medidas que o secretario de Estado de Medio Rural, Josep Puxeu, lle trasladou ao novo conselleiro do Medio Rural da Xunta, Samuel Juárez, nunha reunión que ambos mantiveron onte en Madrid. O programa Onda Rural informou sobre as conclusións deste cita e recolleu as últimas novidades relativas ao Expediente de Regulación de Emprego que Leche Pascual presentou para a súa fábrica de Outeiro de Rei.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros