Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 23 de Xaneiro de 2018

Programas > Vilanova

Información do programa Novas do programa

Camiñada de Por máis vida. Fene, 12 de xuño de 2016.

Baixar os brazos se non somos as mellores

Deportes 21/07/2016
  Envía a túa opinión

Nas guerras e nas batallas de toda a historia non gañaban os mellores, gañaban os que estratexicamente pelexaban mellor. O psicólogo José Barcia utiliza a frase do adestrador do Atlético de Madrid Cholo Simeone, para exemplificar que na nosa vida non podemos baixar os brazos por non ser os mellores.


Jose Barcia Tuccelli

Os hooligans de antes e de agora

Deportes 15/07/2016
  Envía a túa opinión

“O tipo de hooligans cambiou na Eurocopa 2016. Antes eran xovenes consumidores de drogas ou de grandes cantidades de alcool. Agora son bandas violentas que non consumen estupefacientes e que se preparan fisicamente.Protagonizan batallas planificadas. Os rusos sustituiron aos ingleses, segundo o psicólogo José Barcia.


Andaina de Por máis vida. 2016.

A práctica deportiva como recomendación terapeútica

Sociedade 25/06/2016
  Envía a túa opinión

O obxectivo real do exercicio físico non é realmente sempre o que nos marca o doutor, cando alguén empeza a práctica deportiva como recomendación terapeútica, para coidar dores de costas ou padecementos de artrite. Moitas veces temos na nosa cabeza flotando outras finalidades, motivos estéticos nos que se relaciona o corpo-tipo co éxito. Se as actividades non cumpren con todos eses obxectivos, atoparemos razóns para o abandono.


Jose Barcia Tuccelli

Para perder peso e volume

Sociedade 09/06/2016
  Envía a túa opinión

Informarse ben e evitar mitos como a produción de sudor, o valor dos exercicios abdominais e as dietas milagre. Eses son os primeiros retos cando pretendemos perder peso e volume. Debémonos fixar obxectivos alcanzabeis e sempre que estean ao alcance da man. Temos que programar diferentes accións nesa andaina e a experiencia previa é moi importante, segundo o psicólogo José Barcia.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros