Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 18 de Xaneiro de 2018

Programas > Sonsdenós

Información do programa Novas do programa

Rocha acaba de facerse co Premio Literario Maria Ondina Braga

Pedro Miguel Rocha, o escritor portugués de “alma galega”

Cultura 07/05/2011
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

“Sinto que a miña alma é galega”, asegura o escritor portugués Pedro Miguel Rocha. Ese sentimento explica por que o autor ambienta todas as súas novelas en Galicia. A última, O eremita galego, acaba de valerlle o premio Maria Ondina Braga, que outorga o concello de Braga. A obra narra a historia dun profesor universitario de 50 anos que, por mor dos seus problema personais e profesionais, ve a necesidade de refuxiarse na Costa da Morte. Se nesta ocasión Muxía é o escenario elixido por Pedro Miguel Rocha, no seu último libro optara por Fisterra e o seguinte en camiño, segundo adiantou en Radiofusión, desenvolverase en Laxe.


Júlio Meirinhos e Gouveia Santos na presentación de Aquameeting 2011

Porto acollerá en maio a feira da saúde e do benestar Aquameeting 2011

Sociedade 22/03/2011
 7 comentario/s - Envía a túa opinión

O Centro de Congressos da Alfândega en Porto acollerá entre os días 13 e 15 de maio a terceira edición de Aquameeting , a feira da saúde e do benestar que este ano ofrecerá un lugar destacado á participación de Galicia. Balnearios, spas, hoteis, clínicas de saúde, embaixadas e rexións de turismo daranse cita neste evento, que contará con espazos para o benestar, a información, a degustación, a moda e as actividades de ocio.


Deolinda vendeu 10.000 exemplares do seu segundo disco

Parva que sou, Deolinda en Ferrol

Sociedade 11/03/2011
 5 comentario/s - Envía a túa opinión

A música de fado chega este sábado ao teatro Jofre de Ferrol (A Coruña) da man do grupo Deolinda que presentará, ás 20:30 horas “Dois selos e un carimbo”. Os compoñentes deste conxunto lisboeta son familia, xa que Pedro da Silva Martins e Luís José Martins son irmáns, mentres que a cantante Ana Bacalhau é curmá deles e o seu marido é o contrabaixista Zé Pedro Leitão. A entrada custa 10 €.


“Braga, capital europeia da juventude 2012” lança concurso para criaçâo de logotipo

Cultura 24/02/2011
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

O Pelouro da Juventude da Câmara Municipal de Braga está a promover um concurso para a criação do logotipo de “Braga, Capital Europeia da Juventude 2012”, cujos trabalhos concorrentes devem ser entregados entre 1 e 31 de Março. O concurso tem como destinatários os jovens, com idades entre os 14 e os 35 anos, que podem candidatar trabalhos individuais ou colectivos.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros