Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 23 de Xaneiro de 2018

Programas > Comer en Galicia

Información do programa Novas do programa

Santiago de Compostela e Galicia contan tamén con presenza en FITUR

A síntese da creatividade gastronómica

Sociedade 19/01/2011
 3 comentario/s - Envía a túa opinión

O “Libro de Receitas de Santiago(é)tapas” ven de recibir o premio Gourmand ao Mellor Deseño dun Libro de Cociña de España, o que lle permitirá participar no Gourmand World Cookbook Awards, onde competirán os libros gañadores de cada país polo premio “Best in the World” de cada categoría. Os premios Gourmand World CookBook son considerados os máis importantes do mundo no sector gastronómico. Na edición do ano 2009 participaron 6.000 libros de 136 países, o que da unha idea da súa dimensión global.


Benigno Campos: “Galicia pode presumir dos mellores produtos do mundo”

Sociedade 28/11/2010
 8 comentario/s - Envía a túa opinión

“Non é para ler, é para utilizar”, advirte Benigno Campos sobre Novas receitas da cociña de Larpeiros. O cociñeiro televisivo, que converteu a súa primeira obra nun best seller galego, ofrece agora outras 120 propostas culinarias que se basean nos mesmos ingredientes. “Eu aposto pola cociña das nosas nais e avoas, polos produtos da terra, polas receitas sinxelas e polos pratos ao alcance de todos os petos”, explicou en Radiofusiòn. Porén, o obxectivo do volume é moito máis ambicioso que axudar aos aprendices de chef: “O que quero é facer feliz á xente”.


A cata e a cea celebráronse no restaurante Le Sun Chine Boutique Hotel

Viños de Galicia para comer en China

Sociedade 12/11/2010
 27 comentario/s - Envía a túa opinión

Durante a súa visita a Shangai, concretamente á Feria Food & Hotel, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas organizou un seminario cata, dirixido a un grupo de sumilleres de Shangai. Ademais celebrouse una cea-maridaxe para 30 prescriptores do sector chino, no restaurante Le Sun Chine Boutique Hotel.


Ameixas do Muiño do Vento

As ameixas máis ricas do mundo

Sociedade 07/11/2010
  Envía a túa opinión

Quen as probou sabe que non se esaxera demasiado se se definen ás do Restaurante O Muiño do Vento (Magalofes Fene A Coruña) como as ameixas máis ricas, máis gorentosas do mundo. Belucho preparaas á prancha e cun prebe de aceite e limón, adobiados con algún ingrediente segredo.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros