Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 18 de Xaneiro de 2018

Programas > Rutas, eventos, escapadas

Información do programa Novas do programa

Stand de galicia en Fitur

Éxito da promoción de Galicia en FITUR

Sociedade 04/02/2013
  Envía a túa opinión

A Comunidade galega pecha a súa presenza neste certame turístico coa promoción integral do destino cunha afluencia que se achega aos 70.000 visitantes e cun balance de 23 presentacións dos diferentes destinos, produtos e recursos turísticos galegos
Os 25 informadores turísticos que atenderon o stand institucional de Galicia na feira distribuíron un total de 120.000 folletos e outro material de promoción de 284 clases distintas distribuídos en seis mostradores referidos as 14 xeodestinos da costa e do interior, as sete cidades de Galicia, Xacobeo-Camiño de Santiago, e Galicia en xeral. A secretaria xeral para o Turismo, Nava Castro acompañada da xerente de Turgalicia, Carmen Pita Urgoiti, compareceron  esta mañá en rolda de prensa para facer públicas as cifras de balance da participación de Galicia na 33 edición da Feira Internacional de Turismo de Madrid.


Biblioteca do Centro Galego de Barcelona

A medalla de Ouro do Centro Galego de Barcelona gardarase en Galicia

Sociedade 30/01/2013
  Envía a túa opinión

O Museo do Pobo Galego recibe mañá en depósito do Centro Galego de Barcelona a Medalla de Ouro ao Mérito Cívico,
que o Concello de Barcelona concedeu á centenaria entidade dos galegos na capital catalá. O Concello de Barcelona entregou o pasado 17 de xaneiro a súa Medalla de Ouro ao Mérito Cívico ao Centro Galego de Barcelona, unha entidade que celebra os 120 anos de existencia.


Oxfam propón acabar cos paraísos fiscais

Un terzo dos cartos do mundo repousa en paraisos fiscais

Sociedade 20/01/2013
  Envía a túa opinión

Os 240.000 millóns de dólares (180.000 millóns de euros) que ingresaron durante 2012 as cen persoas máis ricas do mundo equivalen a catro veces a cantidade necesaria para pór fin á pobreza no planeta, segundo revelou o informe 'O custo da desigualdade: como a riqueza e os ingresos extremos dánannos a todos' de Intermón Oxfam, publicado a poucos días da celebración do Foro Económico de Davos (Suíza).


Pinturas de campo Lameiro

Nadal rupestre en Campo Lameiro

Sociedade 20/12/2012
  Envía a túa opinión

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ofrece neste Nadal unha viaxe á Idade de Bronce no Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro (PAAR), cun programa de actividades a través do que grandes e pequenos poderán achegarse á vida dos nosos ancestros.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros