Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 16 de Xaneiro de 2018

Programas > Músicas e Letras

Información do programa Novas do programa

O presidente da Asociación Galega de Editores, Alfonso García Sarmiento

O libro dixital camiña con paso firme

Cultura 19/04/2010
  Envía a túa opinión

A Asociación Galega de Editores acaba de asentar os alicerces para o desenvolvemento da nova plataforma de contidos para o libro dixital. Foi no transcurso dunha xornada de traballo celebrada nas instalacións da editorial Sotelo Blanco na que representantes da Asociación puideron coñecer as propostas de traballo de varias empresas do ámbito das TIC de Galicia. Un dos seus obxectivos será abastecer de contidos a Escola 2.0.


Grazas ao seu último traballo, Dirty Sweet mantívose no candelabro

O lostregazo de rock de Dirty Sweet

Sociedade 17/04/2010
  Envía a túa opinión

As bandas xovenes cada vez o teñen máis dificil. Pero tamén xurden novas oportunidades. De cando en vez nacen grupos coa forza suficiente para deixarnos satisfeitos. Ese é o caso de Dirty Sweet, un auténtico lostregazo de rock con raices americanas e soplo setenteiro. O seu album American Spiritual veu a luz neste ano 2010.


Queremos Galego anima á participación no “concertazo contra o decretazo”

Cultura 16/04/2010
  Envía a túa opinión

O Festival musical contra o decretazo do (mal) chamado plurilingüismo no ensino, como afirman desde Queremos Galego, celebrarase mañá sábado, a partir das sete e media da tarde, no Recinto Feiral de Pontevedra. Trátase dun macroconcerto no que colaboran desinterasadamente artistas e bandas como Fuxan os Ventos, A Quenlla, Berrogüetto, Luar na Lubre, Zurrumalla, Os Carunchos, Espido, Fía na Roca, Uxía, García MC (integrante de Dios que te crew), Os Tres Trebóns, Ruxe Ruxe, Galegoz, Lamatumbá e a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s. O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística e voceiro de Queremos Galego, Carlos Callón, afirmou en Radiofusión que a oposición ao decreto foi transmitida á Xunta, “das maneiras máis dispares, a cada unha máis masiva, só nos faltaba dicirllo cantando”. Para Callón o evento serve tamén “para gozar e para reivindicar que a nosa cultura non está nin ensimesmada nin acomplexada”.


 



Portada do disco de Anxo Lorenzo

O gaiteiro Anxo Lorenzo no Womad Charlton Park 2010

Cultura 15/04/2010
  Envía a túa opinión

O gaiteiro Anxo Lorenzo, que vén de editar o seu primeiro traballo en solitario “Tirán” coa discográfica Zouma Records, participará no Womad Charlton Park 2010, en Inglaterra. Será o vindeiro 25 de Xullo cando Anxo e a súa banda suban ao BBC Radio 3 Stage para actuar en directo nun dos festivais de maior repercusión mundial.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -184 -185 -186 -187 -188 -189 -190 -191 -192 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros