Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 24 de Abril de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Non poucas pensan que o resto de homes de Paco sobran

“Los Hombres de Paco” (Antena 3, 23 h.)

Sociedade 19/05/2010
  Envía a túa opinión

Dise que un non escolle as circunstancias nas que chega a un sitio, pero que pode saber que triunfou se ten a posibilidade de escoller o momento no que quere marchar del. “Los Hombres de Paco” é un triunfo recente dentro da ficción televisiva feita en España, mais a súa vitoria non é completa e oito tempadas e cinco anos despois do seu debut despídese para sempre fóra do prime-time absoluto, ás once da noite. Por moito mérito e gloria acumulada, aínda non hai quen se lle resista ao fútbol, así que o gran final da máis rocambolesca historia de policías endexamais concibida terá que adiar uns minutos o seu desenlace para non ser devorado pola final da Copa do Rei de fútbol e que os adolescentes que devecen por Mario Casas e Michelle Jenner non teñan un conflito grave con ese pai sufridor que leva tres lustros agardando por un novo doblete do Atleti.


A lagoa dos parrulos

“¡Más que baile!” (Telecinco, 21.45 h.)

Sociedade 18/05/2010
  Envía a túa opinión

Chega a final de “¡Más que baile!”, que tamén se podería titular “Historia dun secuestro”, o que Belén Estebán exerceu sobre a vontade do xurado e normal desenvolvemento dun espazo que, durante a súa etapa en Televisión Española, baixo a condución de Anne Igartiburu, fixérase bandeira do entretemento branco e familiar, e que Telecinco soubo transformar á súa maneira, converténdoo nun deses shows hardcore que lle dan audiencia, e que demanda o mellor das nosas tragadeiras para ser capaces de aturalo até o final sen deixarse vencer pola náusea. Para conseguir infectar calquera programa cos síntomas do morbo e o escándalo que tanto rendemento dan no share, o laboratorio da canle amiga non ten máis que soltar o virus que tanto tempo vén cociñando nos seus laboratorios: incubado como un Tamagochi e evolucionado en agresividade e intelixencia como un Pokémon, Belén Esteban é un arma de atrofia masiva, que revolucionou as teorías da comunicación: ela é medio, mensaxe e o que se lle poña por diante.


Podes deixar o chapeu posto

“Callejeros: Striptease” (Cuatro, 22.40 h.)

Sociedade 14/05/2010
  Envía a túa opinión

Coido que a liña entre o sublime e o ridículo é finísima. Hai moitas disciplinas nas que un só xesto separa o intre glorioso do esmendrelle alleo. Véñenme á cabeza as competicións de ximnasia, nas que unha pirueta rematada sobre o traseiro por un mal cálculo está condenada a repetirse ata o infinito nos programas de vídeos de risa, ou por exemplo a máis doméstica maquillaxe, onde dous golpes de pincel de máis converten ao que debía parecer a portada do Vogue nunha porta. Con todo, é posible que non haxa actividade humana que se desenvolva máis sobre o arame que o striptease. Ao cine debémoslle a glorificación dun baile erótico que, se repasamos mentalmente, en poucas ocasións se produce coa graza debida. A min acórdanme dous femininos: o de Kim Basinger en “Nove semanas e media” ao ritmo de Joe Cocker cantando por Randy Newman iso de “podes deixar o sombreiro posto”, e o máis recente e cómico de Jamie Lee Curtis con Schwarzenegger en “Mentiras Arriscadas”. Esta noite Cuatro dedica unha reportaxe ao mundo do espido como ballet.


A idea é esta, pero en Marbella

“Mujeres Ricas” (La Sexta, 23 h.)

Sociedade 13/05/2010
  Envía a túa opinión

No día despois de que Zapatero sacase a súa tesoira, La Sexta estrea un programa chamado “Mujeres Ricas”. Aínda non reparara na cuestión, pero agora que a xente aprecia tanto as teorías conspiratorias, deume por elaborar a miña. Se é certo que os medios de comunicación exercen unha influencia sibilina sobre nós e dirixen a nosa maneira de actuar mediante a selección de temas que nos contan ao igual que cando ao asno lle poñen a cenoria diante só pensa en arrebatarlle a comida ao coello, hai tempo que as cadeas de televisión pactaron co Goberno central estimular a nosa produtividade para saír da crise económica. A maneira é poñéndonos diante dos ollo o ideal dun mundo mellor, cheo de diñeiro, ouropel e comodidades, ao cal só se pode acceder amasando unha gran fortuna. De pé na cola do INEM, un non soña xa cun posto de mozo de almacén no Alcampo, senón co medio para chegar a ter casas como as de “¿Quién vive ahí?”, vidas como as de “21 días de lujo” ou axendas tan divertidas como as das “Mujeres Ricas”.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros