Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 24 de Abril de 2018

Programas > Músicas e Letras

Información do programa Novas do programa

Mabel Rivera interpreta a María Callas en Master Class

Cultura 09/04/2010
  Envía a túa opinión

O teatro Jofre de Ferrol é o lugar escollido por Bengala producións e pola propia Mabel Rivera para a estrea, o vindeiro xoves 15, de Master Class. Deste xeito, a actriz volve á súa terra para interpretar un papel destacado: o da diva da lírica María Callas.


O MUAU convirte á Coruña en Museo Urbano e en cidade de vangarda

Cultura 08/04/2010
  Envía a túa opinión

As rúas da Coruña convértense en espazos para a arte grazas ao MUAU, o Museo Urbano de Arte Urbana, unha actividade que desde este mes, e ata xuño, converterá as rúas e barrios da cidade en salas de exposicións, salas de cine, foros de debate e talleres organizados polos máis importantes artistas da arte urbana, os que están a redefinila a nivel internacional, sempre coa rúa como elemento vertebrador e do seu discurso. O MUAU está organizado pola Concellería de Cultura da Coruña en colaboración coas concellarías de Igualdade e Participación Cidadá, e Turismo, así como da Fundación Caixa Galicia.


Unha concentración de Queremos Galego acompañou ao Consello Escolar de Galicia

O Consello Escolar de Galicia solicita a negociación do decreto do galego

Cultura 08/04/2010
  Envía a túa opinión

O Consello Escolar de Galicia, órgano de maior representación da comunidade educativa aprobou onte unha enmenda á totalidade ao proxecto de decreto de plurilingüismo. Pídese a retirada ou devolución do texto para a súa rectificación ou negociación con representantes políticos e do sector. A decisión adoptouse con 24 votos a favor e 16 en contra.


Coas licenzas creative commons os músicos poderán dispoñer libremente das súas obras

A música libérase de canons coas licenzas libres

Sociedade 07/04/2010
  Envía a túa opinión

O debate sobre os dereitos de autor está enriba da mesa. Case a diario chegan aos medios de informacion denuncias sobre as prácticas da SGAE que moitos consideran abusivas. Por iso é importante saber que non todos os artistas forman parte da Sociedad General de Autores de España, que algúns deciden apostar polas licenzas creative commons, que permiten ao creador decidir sobre as condicións da distribución da súa obra. Así pois, un establecemento que decida apostar por esta música librarase de pagar a SGAE. Na aposta polas licenzas creative commons baséase un novo proxecto que acaba de ver a luz en Santiago de Compostela. Chámase a Casa de Música e está impulsado por Francisco Alvarellos e Xaquín Riera. O seu traballo vai permitir, por exemplo, que abra as súas portas o primeiro bar galego que se poderá librar das visitas dos inspectores da SGAE.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -184 -185 -186 -187 -188 -189 -190 -191 -192 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros