Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 18 de Xullo de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

No estremo dereito, a ameaza oculta

“Supervivientes” (Telecinco, 21.45 h.)

Sociedade 06/05/2010
  Envía a túa opinión

Polo que se conta nos faladoiros televisivos, foron varios os candidatos a participar na nova edición de “Supervivientes” que comeza esta noite en Telecinco, que desbotaron a súa presenza na aventura programada nunha xungla de Nicaragua. Dende agora mesmo, podemos dicir que eles, entre os figuran cranios privilexiados como os de Amador Mohedano ou José Manuel Parada, son os verdadeiros sobreviventes. Todos eles, como Kurtz, albiscaron, entre o verde e tépedo da aventura selvática unha estampa que lles fixo musitar “o horror, o horror” e decidiron ficar en terra e non entregarse ao exterminio e a un reality-show que ten todos os boletos para desenvolverse como “Depredador”, o filme de Schwarzenegger no que un besta depredadora vai eliminando un tras un, de maneira grotesca, a un grupo de expedicionarios.


Malayismo, un deporte de ascensión e caída

“Ambición Rota” (Telecinco, 22 h.)

Sociedade 05/05/2010
  Envía a túa opinión

A min sempre me gustou, porque está ben iso de ter guías para non extraviarse, que ao comezo das obras de teatro clásicas aparecese o capítulo chamado Dramatis Personae, onde se refiren todos os protagonistas que aparecerán na peza. Ter as cousas claras dende o principio axuda a fixar a atención e non só non mata a sorpresa, senón que xera emoción anticipada. Xa explicamos neste mesmo espazo que a existencia dun catálogo definido de personaxes é o que explica en certa maneira o éxito popular de Telecinco. A recompilación de heroes e viláns e as súas interrelacións abondan para alimentar durante anos e anos o interese da audiencia, e senón que llo pregunten aos consumidores das bandas deseñadas de superheroes estadounidenses, que lle colleron agarimo á cousa con 12 anos e aínda manteñen a atención cando lle poden prestar a colección aos seus propios fillos.


Coas mans na masa

“Ghost” (La Sexta, 22.15 h.)

Sociedade 04/05/2010
  Envía a túa opinión

Cando eu estudaba a EXB, entre as actividades extraescolares de máis éxito na miña escola figuraban as clases de “Barro”. O nome estaba moi ben posto, pois aquilo ficaba moi lonxe de merecer o alcume de cerámica. Mesmo por momentos puidera terse chamado lodo, tal era a maneira na que ficabamos emporcallados tras fozar na pasta moldeable. Aquelas mans torpes que aínda non tiñan destreza necesaria para escribir unha caligrafía lexible sen botar man dos cadernos Rubio, moito menos estaban listas para dar formas recoñecibles ao barro e non parecer un demiurgo bébedo. Se me desen a min a costela e o resto do material para crear á primeira muller, podo asegurar que non existiría o pecado orixinal porque o resultado non sería nada tentador. Daquelas clases aínda conservo algunha pequena peza cocida no forno que os paleontólogos de séculos vindeiros descubrirán e pensarán que foi amasada por un australopitecus ou por un pequeno home pouco sapiens.  Non sería ata tempo despois que coñecería as posibilidades eróticas da arxila.


Fan service telenovelesco para o prime-time

“Gavilanes” (Antena 3, 22.15 h.)

Sociedade 03/05/2010
  Envía a túa opinión

Eu entendo a aparición dos movementos ecoloxistas como unha reacción contra a perda do sentido común da humanidade que, a cambio diso que chamamos civilización, escolleu a ignorancia sobre os veciños do hábitat no que vive. Como urbanitas podemos distinguir diferentes tipos de semáforos, ou mesmo diferenciar calidades de asfalto ou materiais de construción, pois deles se compón a nosa paisaxe cotiá. Somos enciclopedias de consulta sobre as cousas inertes, pero cada vez sabemos menos de bioloxía. Eu, dando un paseo polo monte, son incapaz de nomear máis de dous tipos de árbores diferentes, e entre os únicos que podo indicar sen medo a trabucarme están os piñeiros e os alcolitros. Se coa flora teño problemas non falemos da fauna. Isto me leva a pensar que se me preguntasen que sei eu dun gabián só podería citar dúas cancións: o clásico de Pablo Abraira, “amigo, hay que ver cómo es el amor, que vuelve a quien lo toma gavilán o paloma”; ou ben poñerme a menear as cadeiras ao ritmo latino de “¿Quién es ese hombre?”, a sintonía de “Paixón de Gabiáns”, uns dos últimos hits da telenovela máis cutre reconvertido en serie para o prime time de Antena 3.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros