Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 23 de Xaneiro de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Veremos se se atreve co pedigree palleirán

“Malas Pulgas” (Cuatro, 21.30 h.)

Sociedade 30/04/2010
  Envía a túa opinión

Tras adestrar humanos en todas as facetas posibles, agora Cuatro propón a educación de mascotas. Unha vez que están domesticadas as persoas, grazas a unha incontable serie de programas de coaching que nos aprenderon a comer san, a non gastar cartos de máis, a educar nenos, a solucionar conflitos con fillos rebeldes ou a deixar as drogas, que de todo iso houbo, coa nosa condición humana nunha forma espléndida a televisión coida que, por fin, estamos en disposición de facernos cargo dunha pobre criaturiña dependente. Logo da febre por César Millán, ese gurú místico do sometemento canino, a mesma canle opta por adaptar á española o formato co expresivo título de “Malas Pulgas” e un novo experto, Borja Capponi, que nos aprenderá a falar o idioma dos ladridos.


O futuro da vivenda

“¿Quién vive ahí?” (La Sexta, 22.15 h.)

Sociedade 29/04/2010
  Envía a túa opinión

Á saúde económica dos países convenlles que vivamos concentrados a maior parte posibles de todos nós no mínimo espazo concibible. Resulta unha forma de economizar o gasto en servizos. Disque en Galicia vívese ben e eu teño o convencemento de que un dos motivos para iso é a dispersión poboacional, precisamente o mesmo criterio polo que os nosos políticos reclaman máis axudas e financiamento, xa que, aínda que esparexidos, todos queremos auga corrente e luz eléctrica e iso custa cartos. Vivir espallados no territorio ten vantaxes como aturar menos ruído procedente da rúa ou reducir as posibilidades de ter un veciño ao que lle gusta demostrar as súas dotes co bricolaxe os domingos pola mañá, cando crea sinfonías de martelo e a túa cabeza exerce de bombo na orquestra. Outro aspecto positivo da dispersión é un mellor e máis humano reparto do espazo dispoñible. Pero isto último vai en contra de todas a tendencias. Cando eu oía falar de vivendas minimalistas coidaba que se referían a unha decoración sucinta, pero resulta que agora ten máis que ver cun espazo habitable verdadeiramente mínimo. O programa de espionaxe inmobiliaria de La Sexta, “¿Quién vive ahí?”, visita un destes pisos minúsculos.


Algo de comedia por iso de rebaixar tanta épica

“Zona Champions” (TVG, 20.15 h.)

Deportes 28/04/2010
  Envía a túa opinión

A televisión autonómica non retransmite os partidos do único equipo galego na primeira división do fútbol profesional, e porén ten a exclusiva do partido máis importante do ano dun equipo catalán con seguidores en todo o Estado e que Televisión Española non puido emitir porque nalgunha clase de sorteo perverso lle tocou programar onte en horario de máxima audiencia na súa canle principal o duelo entre un equipo de Munich e outro de Lyon. Benvidos ao fútbol globalizado e á tolemia en que derivou o mundo dos dereitos televisivos das retransmisión deportivas peneirada polo invento do interese xeral. Arestora en San Marcos dan palmas coas orellas, sabedores de que rebentarán índices de audiencia coa nai de todas as batallas, un partido para as épocas ou como esaxeradamente se lle queira chamar ao encontro entre o Barcelona e o Inter de Milán nas semifinais da Copa de Europa e cuxas circunstancias só podería ter concibido un xenio maquiavélico como Hitchcock, cuxo trinta cabodano celebramos nestes días.


Para nenos cantores abondaba xa cos de Viena

“Cántame una canción” (Telecinco, 22 h.)

Sociedade 27/04/2010
  Envía a túa opinión

Cando eu era pequeno, espertaba tanta admiración como agora indiferenza. Hai fotografías que testemuñan que as miñas fazulas gordechas e os meus rizos louros facían de min o máis semellante á personificación dun querubín, provocando admiración alí onde sacase os meus pantalóns curtos a pasear. Non quero pensar que tería sido de min se ademais de todo iso contase cun talento excepcional, por exemplo para o canto. O máis preto que estiven de tal cousa foi nun tempo no que imitaba a Raphael con certa graza: claro que ver a un lampantín cantando “Que sabe nadie” debe ser motivo de hilaridade sempre. Os meus pais, con bo criterio, consideraron que tal patrimonio de voz e beleza estaba ben para a contemplación privada e que non había por que forzar ao resto do mundo a aturalo. Oxalá tiveran a mesma sensatez todos os aspirantes a vivir de versións miniaturizadas de Isabel Pantoja ou Chayanne, que cada certo tempo atopan unha pasarela de pequenos reiseñores para torturarnos. Un dos meus peores pesadelos televisivos vén de tomar forma. Chámase “Cántame una canción” e estréase, onde se non, en Telecinco esta noite.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros