Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 18 de Xuño de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Esta muller aliméntase dos nosos corazóns

“Bodas Cruzadas” (Cuatro, 21.30 h.)

Sociedade 23/04/2010
  Envía a túa opinión

Para os que coma min procuramos confiar aínda na bonhomía do ser humano, o cinismo descarnado como representación do goce intelixente supón a confirmación de que non temos remedio e estamos condenados á eliminación mutua, iso si, mentres nos rimos con sorna do noso inimigo. Véxase a Patricia Gaztañaga, durante anos confesora das glorias e miserias da caterva máis alucinante de españois que pasaron a interpretar un sainete sobre a súa intimidade no “Diario de Patricia”. Agora, a presentadora estrela reaparece en Cuatro cun programa sobre vodas e prognostica, como gran aliciente, que “veremos bágoas, e non precisamente de alegría”. Unha vez máis, só que nesta ocasión de xeito indisimulado, Patricia demostra que o que ela procura non é a empatía co doente, senón o aproveitamento do seu duelo para a nosa diversión. E algúns procurarán a bendición desta muller para o seu casamento?


A xustiza non é cousa de risa

“Acusados” (Telecinco, 23 h.)

Sociedade 22/04/2010
  Envía a túa opinión

Ás veces dan ganas de pensar que a única diferenza entre o dereito e o tarot é que a primeira disciplina ocúpase de xulgar asuntos xa pasados, mentres que a segunda ofrécese para facelo co porvir. A fin de contas, ambos os dous oficios, o xudicial e o nigromante, parten dun regulamento profuso en normas que cómpre estudar polo miúdo para aplicar. Mais tamén hai coincidencia en que a infalibilidade perseguida por estes sistemas que pretenden reducir a comprensión do mundo a unha relación de supostos debe ser impartida mediante unha persoa.


Malos tempos para o Imperio Sith

“59 segundos” (TVE, 00.15 h.)

Sociedade 21/04/2010
  Envía a túa opinión

Dous magnos acontecementos celébranse en Santiago de Compostela co gallo do Ano Santo Xacobeo. O primeiro, o Imperial Stormtroopers Parade ou Desfile das Forzas Imperiais, que nada ten que ver cunha concentración de nostálxicos de Carlos I de España e V de Alemaña, eses que din que en España hai tempo nunca se puña o sol e agora todo o día é noite. Este é un imperio freak, que festexa a súa adoración polo gran vilán da ciencia ficción, Darth Vader, cunha procesión de adultos disfrazados e sen medo de amosar o seu fervor fanático en público para ser convidados algún día á Estrela da Morte cando o Ministerio de Fomento das Galaxias teña a ben construíla.


Gaitas no país tropical

“Alalá” (TVG, 21.45 h.)

Cultura 20/04/2010
  Envía a túa opinión

Cando os políticos botan man da diplomacia adoitan dicir iso de “son máis cousas as que nos unen que as que nos separan”. Cando falamos dos vencellos entre Galicia e o Brasil, un detecta tantas diferenzas derivadas das diverxentes latitudes que parece fascinante que tan só unha cousa, como son as semellanzas idiomáticas, nos permita sentir máis preto deles que doutras comunidades. Se nos fixamos no folklore, por exemplo, o gaiteiro galego e a garota do sambódromo carioca semellan representantes de planetas diferentes: onde un calza chaleco e polainas, a outra desfila cun fío dental como única vestimenta. Así que os de “Alalá” marcharon ao Brasil tentando atopar algunha relación máis que permita xustificar a condición de pobos irmáns máis aló da emigración da comarca do Xallas aos pés do Corcovado ou o gusto que adoptamos polas enchentes nos rodicios, plenamente asumidas dentro do noso ideario gastronómico.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros