Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 20 de Xuño de 2018

Programas > Músicas e Letras

Información do programa Novas do programa

Joan Manuel Serrat recuperouse da operación dun nódulo nun pulmón

Serrat confirma os concertos de Pontevedra e Santiago de Compostela

Cultura 30/03/2010
  Envía a túa opinión

Joan Manuel Serrat e Joaquín Sabina ofrecerán sendos concertos en Santiago de Compostela con motivo do Ano Santo. As dúas actuacións están patrocinadas por Xacobeo 2010 e Fundación Caixa Galicia. O cantautor catalán actuará as 21.00 horas do domingo 2 de maio no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, mentres que Joaquín Sabina estará en Santiago o sábado 9 de outubro no Multiusos Fontes do Sar a partir das dez da noite. As entradas están á venda desde primeiras horas desta mañá a través de Ticketmaster (www.ticketmaster.es; 902 15 00 25; e establecementos asociados) e da web de Caixa Galicia (www.caixagalicia.es) a un prezo de 33 euros.


55 mentiras sobre a lingua galega terá unha segunda edición

Cultura 29/03/2010
  Envía a túa opinión

55 mentiras sobre a lingua galega, un libro impulsado pola Plataforma Prolingua para combater as polémicas xurdidas arredor do idioma desde que Alberto Núñez Feijóo tomou as rendas da Xunta, esgotou xa os oito mil exemplares da súa tiraxe e proximamente sairá á venda a súa segunda edición. Trátase dun auténtico fenómeno editorial que converte o volume, posto nas librerías por Laiovento, nun dos máis exitosos da tempada.


Super Ratones actuaron en varias edicións do Felipop de Limodre (Fene A Coruña)

25 anos dos Super Ratones

Sociedade 28/03/2010
  Envía a túa opinión

2010 é un ano especial para Super Ratones xa que en abril cumpriranse 25 anos do primeiro show da banda marplatense e xa preparan un show gratuíto no Auditorio Eva Perón do Parque Centenario de Buenos Aires para o sábado 24 de abril. Prometen un emocionante percorrido polo seu repertorio coa participación de invitados especiais.


Francisco Fernández Naval

Fernández Naval logra o premio de poesia Fiz Vergara Vilariño

Sociedade 27/03/2010
  Envía a túa opinión

O xurado do certame, reunido este sábado no salón de actos da casa do concello de Sarria, acordou por unanimidade concederlle o premio á obra presentada baixo o lema Marlow. Aberta a plica, resultou ser o seu autor Francisco Fernández Naval e o título do poemario Bater de sombras. O premio Fiz Vergara lembra a obra do poeta de Santalla de Lóuzara. Está dotado con 6.000 euros ademáis dunha escultura doada por un autor galego.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -184 -185 -186 -187 -188 -189 -190 -191 -192 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros