Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 23 de Xuño de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

-“Repetición? A cona, Josito!”

“Padre Casares” (TVG, 22.30 h.)

Sociedade 19/04/2010
  Envía a túa opinión

“Criatura”, díselles aos pequerrechos ou aos que se comportan como eles para perdoarlles de xeito condescendente calquera trasnada que fixeran. Os índices de audiencia de “Padre Casares” fixeron desta serie a criaturiña do momento para os responsables da TVG. Aos nenos mimados como o programa estrela se lles consenten todas as cousas: se lles permite o mesmo polo que se lles castiga a outros e, como fan os adultos en coro arredor dun carriño de bebé, sen pudor ningún se organiza un circo de cucamonas e se lles rin as grazas todas. Coas notas que saca, ninguén se atreve a dicirlle nin chío á vila enteira de Louredo, Santo Antonio de, mais non todo é de recibo. Por exemplo, espremer ata  a última pinga o xugo dos seus fans preparando para esta noite, unha semana despois de que rematase a última tempada, un greatest hits no que se recompilan os mellores momentos da xeira de capítulos máis recentes.


A agulla e o dano feito

“Soy adicto” (Cuatro, 21.30 h.)

Sociedade 16/04/2010
  Envía a túa opinión

Dende que o doutor Bartolomé Beltrán introducía cámaras entre as tripas dos pacientes do quirófano e nos permitía vivir a sanguinolenta extracción dun apéndice ou unha intervención a corazón aberto co órgano palpitante de rubor pola procaz exposición pública, nunca houbo tanto interese da televisión pola saúde como agora. Os que din que a pantalla representa un novo tipo de relixión, teñen argumentos no feito de que os dous fenómenos prometen a curación dos seus fieis: un mediante a fe no que non se ve e outro mediante a fe no que si se ve. Cóntase que a pornografía non é un invento que naceu parello á febre pola silicona na costa oeste dos Estados Unidos, senón que xa existía dende moito tempo atrás e vellas filmacións dan testemuña diso. Cabe entón afirmar que o nacemento da televisión realmente impúdica é un fenómeno moito máis novo, de agora mesmo, e non relacionado co sexo, senón coa revelación doutras condutas máis íntimas. Por exemplo, as adiccións á droga.


Falcon Crest rioxano

“Gran Reserva” (TVE, 22.15 h.)

Sociedade 15/04/2010
  Envía a túa opinión

“In vino veritas”, ou no viño reside a verdade, dicían os clásicos. En linguaxe da era do botellón, isto significa que cando te rascas co alcohol e acabas algo máis que peneque, deixas que saian ao exterior matices da túa personalidade que fican agochados a maior parte do tempo por aquilo de que a convivencia social require unha certa educación, unha orde e un concerto. Hainos que teñen un alcohol violento, que se exaltan cos efluvios espirituosos; a outros dálles pola morriña; os tímidos excítanse e os presumidos acougan; e a maioría celebran a amizade con pegañento entusiasmo. Cando se trata de viño e de televisión, o resultado é sempre o mesmo: o que agroma é o rancor, e o que desaparece é a confianza na familia como célula das sociedades modernas. Véxase “Falcon Crest” con Ángela Channing como encarnación do mal e os torturados Gioberti; en clave de branco albariño están as cambadesas aventuras de “Rías Baixas”; e agora a Televisión Española abre adega de seu: “Gran Reserva”.


Festival do six-pack

“300” (TVG, 22.15 h.)

Sociedade 14/04/2010
  Envía a túa opinión

Teño algunha amiga que goza coa película “300”, que pasa esta noite a TVG, como gozariamos moitos coa emisión dun documental sen censura da mansión Playboy. O desfile de corpos hercúleos e con abdominais esculpidos de granito rosa porriñés, que deixan a Cristiano Ronaldo en mexericas efebo, é de tal calibre que un home común que vexa a película acabará preguntándose se en verdade pertence ao mesmo xénero que o dos guerreiros espartanos. Feridos no amor propio que se agocha entre os lípidos que a cervexa nos sedimentou no bandullo, os homes da panda e pescudamos en internet ata que atopamos confirmación ás nosas sospeitas: aqueles torsos guerreiros nos que o suor refulxía como cera sobre mármore eran creacións sintéticas de ordenador, polo que podíamos seguir defendendo a supremacía da silicona das playmates sobre o photoshop masculino. Non viramos endexamais efecto especial tan impresionante nun corpo humano, pero logo comprendemos que era tan só un aspecto máis dun dos grandes fitos visuais do cine recente.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros