Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 16 de Xaneiro de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Alta liñaxe e permanente imposible

“La Duquesa” (Telecinco, 22 h.)

Sociedade 13/04/2010
  Envía a túa opinión

Haberalle que recoñecer un día a Telecinco o enxeño de crear o seu propio star-system, un elenco de personaxes arredor do que xira gran parte da súa programación, por non dicir toda. Algúns creounos da nada, con arxila de reality e unha costela de Mercedes Milá, e a outros simplemente tomounos da natureza salvaxe da fama e alimentounos, desollounos e, cando estes renegaron do seu dominio interpoñendo preitos por difamación, decidiron seguilos usando como protagonistas de ficción para poder seguir falando deles. De inxuriados nos faladoiros amarelos a guión de tv-movie xa pasaron a Pantoja, Carmina Ordóñez e, esta noite, Cayetana Fitz-James Stuart, alias Duquesa de Alba, nobilísima e primeirísima entre iso que se dá en chamar a alta liñaxe e, ao mesmo tempo, estrafalario estrambote da súa propia vida. Como para pedir permiso para seguila tendo na punta da lingua perpetuamente, a canle amiga confecciónalle unha loa televisiva con aires de película.


Aposta pilosa pola medianoite

“Uau!” (Cuatro, 00 h.)

Sociedade 12/04/2010
  Envía a túa opinión

Cría corvos e hanche sacar os ollos, non hai peor cuña que a da propia madeira ou “Bruto, ti tamén, fillo meu?”. As relacións paterno filiais ou entre mentores e discípulos fican resumidas neses terribles ditos populares e momentos da historia da humanidade. Dende que ao titán Cronos se lle deu por comer aos seus fillos como quen toma o aperitivo, sospéitase da existencia dun rancor inconfesable entre pais e prole que puidera ir máis aló do conflito interxeracional e estar gravado a lume no código xenético. Cuatro favorece un momento edípico esta noite. Non sabemos se o actor e showman Santi Millán sinte algo pola súa nai, pero si que está disposto a aniquilar ao seu pai televisivo, Andreu Buenafuente. O rei do late-night show, cómodo despois de triturar competencia tras competencia, vese agora obrigado a sobrevivir ao ataque daquel ao que apadriñou e a quen lle transmitiu o seu coñecemento. O invento chámase “Uau!”.


Galicia is living a celebration

“Luar” (TVG, 21.40 h.)

Sociedade 09/04/2010
  Envía a túa opinión

Cando pasen os anos e o “Luar” remate (e eu apostaría a que chega antes a extinción da civilización humana ou o colapso das nosas metrópoles pola sobreconstrución que a fin desta baza segura de audiencia no difícil venres noite) estudarase con rigor científico e non con desprezo snob o que non merece cualificativo menor que o de extraordinario fenómeno televisivo. Por iso paga a pena achegarse de vez en cando ao estudo da sala de festas e coñecer a oferta de risas e choras para entender que, baixo ese verniz costumista e de baixar en zapatillas a mercar o pan, agóchase unha proposta contracultural. Resiste o “Luar” ao sometemento das leis da mercadotecnia global e, mentres outros programas como “El Hormiguero”, “Buenafuente” e demais espazos estelares pártense a cara porque as xiras dos artistas de moda fagan parada no seu set, o símbolo da Galega marca as súas propias regras e, como as emisoras de radio especializadas en seleccionar discos oldies, lémbranos que existe outro circuíto de artistas fóra das portadas das revistas.


Riaño abre a escola de sedución

“CitaxCita” (Antena 3, 00.30 h.)

Sociedade 08/04/2010
  Envía a túa opinión

Niso debe consistir a televisión 2.0, na que o espectador participa activamente na construción dos contidos. Antano, a xente namorábase das estrelas que vía na pantalla, e agora é o propio público o que sae na pantalla para que se namoren del. Outro signo da mudanza social acompasada ao establecemento das televisións privadas na nosa vida é que ao principio existían programas dedicados á glorificación do romance xa consagrado, ou ben á súa recuperación in extremis, como “Lo que necesitas es amor”, mentres que nestes tempos rápidos o candor non pode competir na televisión co sexo fugaz, e por iso á caravana do amor de Jesús Puente sucedéronlle os estudios da coñecemento e a desavinza case simultáneos. Estréase esta noite en Antena 3 outro novo espazo de flirteo co nome de “CitaxCita” para demostrar que o píxel pode ser tan sensible como a pel.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros