Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 23 de Xuño de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Xustiza divina

“Miss Axente Especial 2” (TVG, 22.45 h.)

Sociedade 07/04/2010
  Envía a túa opinión

A Televisión de Galicia emite esta noite a película “Miss Axente Especial 2” que, xunto co resto da filmografía de Sandra Bullock, é arestora a cinta da actriz estadounidense que menos lle interesa ao mundo. A interpretación que chama a atención é a dun vídeo pornográfico doméstico que tería gravado xunto á súa ex parella, coa que ven de reinterpretar no último mes a obra teatral favorita do puritanismo norteamericano, titulada “Auxe e Caída”. Aínda non baixara a que en tempos foi alcumada “noiva de América” de recoller un Oscar pola súa interpretación no filme “The Blind Side”, cando saltaron á primeira plana da prensa as infidelidades do seu esposo, un tipo de pouco fiar dende o nome: chámase Jesse James, como o célebre foraxido do far west.


Coas fans teenagers nos calcaños

“Karabudjan” (Antena 3, 22.15 h.)

Sociedade 06/04/2010
  Envía a túa opinión

Un pouco farto de verse plastificado e impreso en milleiros de carpetas entre apuntamentos de Coñecemento do Medio e Matemáticas, choraba o actor Hugo Silva nunha entrevista publicada a pasada semana: “Conto con que as adolescentes se esquezan de min en tres anos”, viña a dicir, abafado pola súa transformación en heroe romántico de hercúleos abdominais en “Los Hombres de Paco”. Tirando os dados do seu particular gobelete, como nunha partida de parchís, Silva deixou primeiro a serie que o fixo célebre e agora pretende saltar da súa cela no taboleiro a outra diferente. Claro que despois de ver a promoción do seu novo proxecto, “Karabudjan”, que se estrea esta noite en Antena e no que emerxe das augas como no seu tempo Úrsula Andress, todo pel e traxe de baño, parece que o seu salto será “de oca a oca e tiro porque me toca”.


Ata sempre, Grissom: foi truculento mentres durou

“CSI Las Vegas” (Telecinco, 22.30 h.)

Sociedade 05/04/2010
  Envía a túa opinión

Parece ser que a estrea da nova tempada de “Aída” conseguiu grandes índices de audiencia, o cal fala ben do traballo duns guionistas que son capaces de soster unha estrutura de serie coral á que, cómpre lembrar, hai tempo xa que lle retiraron a trabe principal. “Aída” hai tempo que sobrevive sen Aída, logo de que a actriz que encarnaba ao personaxe principal deixase o serial. A preponderancia dos protagonistas difire dun programa a outro e non hai unha norma escrita sobre o éxito que terán decisións similares en shows diferentes.


Alan Moore si que é extraordinario (e dá medo)

“La Liga de los Hombres Extraordinarios” (Antena 3, 22.15 h.)

Sociedade 31/03/2010
  Envía a túa opinión

Quixo o azar ou a incompetencia que o capítulo previsto para a pasada semana de “Muchachada Nui” non fose emitido e no seu lugar aparecese un capítulo repetido, polo que a canle tivo que pedir desculpas aos fans. Á vista dos acontecementos, todo semella cousa de meigas, algo que lle encantaría ao protagonista da parodia de Joaquín Reyes, o escritor de banda deseñada Alan Moore, porque a fortuíta suplantación fai que o episodio se programe esta noite, coincidindo oportunamente coa emisión en Antena 3 do filme “La Liga de los Hombres Extraordinarios”, inspirado, oh azar, oh fortuna, nunha obra do propio Moore. Modestamente célebre para ser unha das celebrities parodiadas polos nuis, é o guionista de comics alguén de cote descoñecido mesmo para os que teñen a cultura popular suficiente para vencer en singular duelo de sobremesa no Trivial Pursuit. Ese anonimato para quen é considerado o maior mito vivo da arte secuencial poida proceder dunha suposta subvalorización do medio, imaxinado por moitos como entretemento exclusivamente xuvenil. Estremo que, afortunadamente fica superado, ao comparar esta adaptación cinematográfica.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros