Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 21 de Xuño de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Mapa no sentido máis pexorativo

“Destino España: Galicia” (TVE, 23.35 h.)

Sociedade 30/03/2010
  Envía a túa opinión

“De Galicia o galego xa non marcha, e o peregrino fica”, conta con optimismo a sinopse de Televisión Española verbo de “Destino España”, ignorante do exército de galegos empregados nas milicias da hostalería nas Canarias. Este reverso de “Españoles en el mundo” que funciona falando das diferentes autonomías a través dos ollos dos estranxeiros residentes e presentes, fai parada por este recanto para coñecer como vai a nosa balanza de migracións, se xa importamos na medida que antes exportabamos e, mirando de fronte e sen vergoña xa todos os tópicos posibles, investigando se a morriña é un fenómeno que só se manifesta alén do gran pano de grelos ou é posible que se manifesten en foráneos que aquí se refuxian dos lugares que anhelan. A gran pregunta que nos queda por resolver é se, agora que habitan entre nós, se lles pon mal corpo. Séntense galegos? E de ser así: próelles algo entre as tripas? Será o sentido pexorativo removéndolles a conciencia da bonhomía? Pensa Rosa Díez ver o programa?


O auténtico pacto anticrise

“Repor: Lotería” (TVE, 00.10 h.)

Sociedade 29/03/2010
  Envía a túa opinión

En tempos de crise, a salvación pola lotería é unha aspiración máis lexítima que nunca, o máis parecido á intervención divina ou a unha resolución ex machina de todos os nosos posibles apuros económicos. De cote resulta ridículo que nunha sociedade erixida arredor do capital se nos console co dito de que “o diñeiro non dá a felicidade”, o que inmediatamente desacredita todo canto sostén o noso modo de vida: se non concede gozo, que facemos indo ao traballo todos os días ou cal é o sentido de dobrar o lombo. Convencido de que esa sentenza só pode proceder de quen ten diñeiro dabondo para ocuparse en cuestións máis elevadas para o espírito, boa parte das nosas accións cotiás diríxense ao único fin de incrementar o saldo da nosa conta corrente para deleite de bancos e caixas, fusionadas ou non. Agás que revelemos a fórmula secreta da Coca-Cola non hai maior inxección de diñeiro para nós, mileuristas, que ser bicados na fronte polo corno dourado da lotería. A estes unxidos polo azar monetario conságrase “Repor” esta noite.


Ramón e a gloria catódica

“Somos Callejeros” (Cuatro, 22.45 h.)

Sociedade 26/03/2010
  Envía a túa opinión

Houbo outros antes e haberá outros despois, pero a “Callejeros” lle debemos a moda dos programas de reportaxes en primeira persoa, cámara ao ombreiro, do mesmo modo que, dende que Spielberg decidiu salvar ao soldado Ryan non hai escena de acción ou guerra no cine que mereza chamarse tal se a acción non treme na pantalla ao ritmo dos pasos do operador do filme. O que distingue ao espazo de Cuatro doutros de factura similar é a creación dunha mitomanía particular que, ao final é que o consegue seguidores no share cotiá e devotos no culto da videoteca. Lembramos “Código Cero” polo pracer de prespitación que relataba coa necesaria tramitación José Tojeiro; acórdanos “Al Ataque” polas viaxes astrais ata Raticulín de Carlos Jesús; aínda nos arrepía lembrar a personificación do mal máis puro en Francesca, a concursante de “Supervivientes”; e, “jo tía”, aínda choramos coa decisión de Nube de deixar ao seu mozo en “Confianza Ciega” obnubilada polos abdominais dos sedutores. Pois en 200 programas que celebra hoxe, “Callejeros” recompilou unha colección igual de extraordinaria de personaxes polos que a competencia aínda devece.


Victoria Rodríguez ou a nostalxia da entrevista

“Falámolo” (TVG, 01:07 h.)

Sociedade 25/03/2010
  Envía a túa opinión

Hai algo de grosería na teima da Televisión de Galicia en anunciar por todas partes o seu 25 aniversario. Resulta pouco elegante para os traballadores máis veteranos do ente público galego que aínda manteñan o pudor de ocultar a súa idade. Abonda con engadirlle o cuarto de século de vida do medio aos anos que a ollo lle botamos aos presentadores para sorprendernos con sumas que o pote de maquillaxe preciso para aparecer diante da cámara consegue disimular só en parte. Non parece que pasen os anos para Victoria Rodríguez, unha desas facianas clásicas da Galega e, en certo modo a entrevistadora oficial da canle cando, parece mentira, na televisión aínda existía un xénero que era a entrevista cara a cara e non e desolle dun famoso de medio pelo acosado por unha caterva de xornalistas amarelos. A Rodríguez pasou por “Tal como somos”, “Galeguidade” ou “Parlamento” e agora rescátana da radio para conducir un programa de debate co título “Falámolo”.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros