Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 21 de Abril de 2018

Programas > A Base do Deporte

Información do programa Novas do programa

Podio masculino do Campionato Galego da Milla

Gustavo Platas e Consi Gomes proclámanse campións galegos da milla

Deportes 25/05/2009
 5 comentario/s - Envía a túa opinión

Os Cantóns da Coruña foron o escenario elixido para disputar o Campionato Galego da Milla. Unha proba na que o atleta lugués Gustavo Platas se fixo co ouro, Rubén Castro, coa medalla de prata e Xoán Pena co bronce. Na categoría feminina o triunfo foi para Consi Gomes, atleta de orixe caboverdiana nacionalizada galega. O subcampionato acadouno Fátima Paz, mentres que Silvia Teijeiro foi medalla de bronce.


Centro de Tecnificación de Vela

O Centro de Tecnificación de Vilagarcía, unha xusta recompensa para os líderes da vela

Deportes 22/05/2009
  Envía a túa opinión

Galicia é unha potencia no mundo da vela. Así o afirmaba hai uns días a campioa de España de Match Race Marga Cameselle. E todo grazas aos nosos regatistas, como o coruñés Miguel Fernández Vasco, que vén de proclamarse Campión da Copa de España da clase Finn; e tamén grazas ao Centro Galego de Tecnificación de Vela que só ten uns meses de idade.


Rapazas do CW Santiago

O CW Santiago gaña a Copa de Galicia feminina

Deportes 21/05/2009
  Envía a túa opinión

Os únicos equipos galegos de waterpolo con rapazas nas súas filas déronse cita na Copa Galicia feminina. Trátase do CN Pontevedra, o CN A Coruña e o CW Santiago. Este último foi o gañador, despois de vencer na final ás deportistas pontevedresas por un 9-7.


Basketmi Ferrol

O Basketmi Ferrol ascende á División de Honra B

Deportes 20/05/2009
  Envía a túa opinión

O club de baloncesto en cadeira de rodas, Basketmi Ferrol, vén de conseguir o ascenso á División de Honra B na que xogaban hai tres tempadas. Isto foi posible grazas aos resultados acadados na fase de ascenso disputada en Sant Felliu de Llobregat. Superados estes encontros queda agora outro reto difícil: conseguir o financiamento necesario para facer este ascenso realidade.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros