Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 24 de Abril de 2018

Programas > Zona Verde

Información do programa Novas do programa

Parque da Hortiña

A Hortiña, o parque máis visitado de Fene

Sociedade 29/05/2011
  Envía a túa opinión

O parque da Hortiña ocupa máis de 3.000 metros cadrados na parroquia de Limodre (Fene A Coruña). Un gran carballo sobre un alcorque recibe aos visitantes que se achegan desde o camiño do Campanario. Un xardín xeométrico, estilo francés, con sebes de buxo, praza central  e columna de granito labrado acolle un membrilleiro xaponés, un evónimo, tibuchina, azaleas, forsitia e weigelia.


Parque Rosalía de Castro en Perlío (Fene A Coruña)

O parque adicado a Rosalía de Castro en Perlío

Sociedade 17/05/2011
  Envía a túa opinión

O Parque Rosalía de Castro, detrás das coñecidas como as “casas verdes” de Perlío, construíuse grazas á desviación do río para gañar terreo. Posúe unha superficie de céspede agás os viais de acceso aos garaxes das vivendas. O río agora discurre baixo a rúa Río Cadavo e detrás das "vivendas de Astano" habilitouse esta área verde e de lecer.


O antigo cubo do muiño transformouse en estanque

O parque lineal do río Cádavo, arteria verde do casco urbano de Fene

Sociedade 15/05/2011
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

Os ameneiros abundan no Parque Lineal do Río Cádavo, espazo proxectado como unha arteria verde do municipio de Fene, aproveitando as marxes dun regato que avanza paseniño cara á ribeira. Coa construción do parque lineal recuperouse un espazo abandonado.


No parque do Souto instaláronse máquinas biosaudabeis

O parque do Souto, camiño do San Ramón

Sociedade 03/04/2011
 3 comentario/s - Envía a túa opinión

O Parque do Souto en Sillobre (Fene A Coruña) destaca polos seus elementos vexetais e polo mobiliario urbano. Non é unha zona sobrecargada pola vexetación polo que serve como mirador para contemplar o val de Fene e a ría de Ferrol. Consta de tres niveis. No máis alto, a carón das vivendas de Santa Mariña, hai unha zona de xardín, unha franxa estreita de céspede e vexetación arbustiva rodeada dunha baranda que coroa o muro de contención do terreo. O nivel intermedio constitúe unha superficie pavimentada de lousa e a inferior cespedada con árbores e arbustos. En total, máis de 3.000 metros cadrados.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros