Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 18 de Xuño de 2018

Programas > Onda Rural

Información do programa Novas do programa

En Verín-Biocoop traballan con vacas de razas autóctonas

A Cooperativa Verín- Biocoop, un exemplo da aposta polo ecolóxico e o autóctono

Sociedade 13/05/2009
 4 comentario/s - Envía a túa opinión

"Somos auténticos xardineiros da natureza e o noso labor incide moi positivamente nas arcas públicas e na saúde dos cidadáns". Defínense así dende a Cooperativa Verín- Biocoop especializada na produción ecolóxica e na recuperación de razas autóctonas en perigo de extinción. Este proxecto centrou a atención do programa Onda Rural.


Os representantes dos sindicatos agrarios reuníronse co presidente autonómico

A Xunta adianta 70 millóns dos fondos europeos para dar liquidez ao sector lácteo

Sociedade 12/05/2009
  Envía a túa opinión

A Xunta inxectará 70 millóns de euros procedentes da Política Agraria Común para paliar urxentemente a precaria situación do sector lácteo da comunidade. Esta medida foi o resultado da xuntanza mantida entre o sindicatos agrarios e a Administración. O programa Onda Rural informou sobre esa reunión e recolleu as voces protagonistas.


A asociación de criadores ASOVEGA recupera a raza ovella galega

Sociedade 11/05/2009
 6 comentario/s - Envía a túa opinión

A raza ovella galega atópase en perigo de extinción. Para evitar que ese perigo se converta nunha realidade traballa ASOVEGA, unha asociación que agrupa aos criadores desta especie. Dende a entidade recaban a información xenealóxica, seleccionan os animais e controlan o sistema de produción, xa que entenden que esta raza autóctona é a que mellor resultados ofrece aos gandeiros pola súa adaptación ao medio físico e as súas especiais características produtivas. O programa Onda Rural abordou este asunto.


Imaxe da mobilización de Ordes

Arredor de 40.000 persoas piden na rúa solucións para o sector lácteo

Sociedade 08/05/2009
  Envía a túa opinión

O rural galego mobilizouse en defensa do sector lácteo. Arredor de 40.000 persoas, segundo cálculos dos sindicatos agrarios, saíron este mediodía á rúa en 15 cabeceiras de comarca. O programa Onda Rural informou sobre este asunto recollendo varias das voces protagonistas.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros