Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 18 de Xullo de 2018

Programas > Mulleres emprendedoras

Información do programa Novas do programa

O conselleiro e a conselleira na Praza do Obradoiro

Cambio de estereotipos na Xunta de Galicia

Sociedade 09/03/2010
  Envía a túa opinión

A conselleira de Traballo cun sombreiro de copa. O conselleiro de Economía cunha falda de hawaiana. Dese xeito quixo escenificar a Xunta de Galicia o cambio de roles no Dia Internacional da Muller Traballadora. O titular do departamento económico advertiulle con ironia ao presidente Núñez Feijoo: "Isto non estaba no contrato".


Concentración en San Caetano

Reclaman a readmisión de Nélida Pisco no Dia da Muller

Sociedade 08/03/2010
  Envía a túa opinión

A Secretaría da Muller da CIG celebraba esta mañá en Compostela, diante do edificio administrativo da Xunta de Galiza, unha concentración con motivo do 8 de Marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, centrada, fundamentalmente, na denuncia do caso da compañeira Nélida Pisco, conductora de autobús na empresa HEDEGASA (Autobuses de Calo) que tras sufrir case un ano de acoso laboral foi despedida "polo delicto de ser nai e querer compatibilizar o seu traballo co coidado da súa filla" afirma o sindicato nacionalista.


Portada

Feministas Galegas, de Mónica Bar Cendón

Sociedade 04/03/2010
 3 comentario/s - Envía a túa opinión

Feministas Galegas. Crónica dunha revolución en marcha. Estamos diante dunha nova publicación, editada por Xerais nas vísperas do 8 de marzo, que ven contar, dende as mesmas entranas, a acción do feminismo galego, dende a transición política ata os comezos do século XXI e o nacemento da Marcha Mundial das Mulleres.


Román Ruiz de Alarcón e Fiscal Xefe de Ferrol dende marzo de 2009

As denuncias por violencia de xénero estabilízanse, segundo o fiscal Ruíz de Alarcón

Sociedade 19/12/2009
  Envía a túa opinión

Cando nun xulgado entra unha denuncia por delito de violencia de xénero, toda a súa maquinaria interna ponse a funcionar para resolver esta causa. Dende os funcionarios ao propio fiscal, que abandoa o que estea a facer para ocuparse prioritariamente das denuncias deste tipo. Así o afirmou o Fiscal Xefe do Partido Xudicial de Ferrol, Román Ruíz de Alarcón, no marco da charla que ofreceu baixo o título “Aspectos prácticos da aplicación actual da Lei de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero. As ordes de protección”. Ruiz de Alarcón despexou na súa exposición os  aspectos que ofrecen maior controversia e que conlevan ás veces a dificultades de aplicación das Ordes de Protección ás mulleres maltratadas.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros