Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 18 de Xaneiro de 2018

Programas > Músicas e Letras

Información do programa Novas do programa

Selfies polo galego

Sociedade 30/04/2014
  Envía a túa opinión

Grávate unha selfie, dicindo: Por mín, o galego terá mil primaveras máis. Esa é a proposta que realiza a plataforma Prolingua, diante da próxima conmemoración do 17 de maio, Dia das Letras Galegas. Cos videos recibidos, a entidade realizará unha montaxe colectiva.


Callón, de mozo, durante un reparto de propaganda do Correlingua

Carlos Callón deixará a presidencia de A Mesa na próxima asemblea

Sociedade 09/04/2014
  Envía a túa opinión

O presidente de A Mesa pola Normalización Lingüística e portavoz da plataforma cidadá Queremos Galego, Carlos Callón, deixará o cargo tras a asemblea nacional que a asociación en defensa do galego celebrará o vindeiro 26 de abril no edificio Ágora da Coruña. A través dunha carta aberta, Callón explica que non recuncará porque "hai que promover as renovacións para mellor sempre que se puider" e tamén para "asumir novos retos", entre os que sinala o exercicio docente e o desenvolvemento doutros proxectos xa encetados. Non obstante, afirma que continuará "co activismo lingüístico e o apoio a esta ferramenta colectiva que é A Mesa". Unha candidatura con membros da actual dirección de A Mesa e novas incorporacións, que se presentará os próximos días, aspirará a tomar o temón da asociación.


Portada do libro

Un pai e unha nena autista en “María e máis eu”

Sociedade 02/04/2014
  Envía a túa opinión

El Patito Editorial publica en galego "María e máis eu", a famosa novela gráfica de Miguel Gallardo, unha obra autobiográfica sobre un pai cunha nena autista que acaparou premios en todo o mundo e xerou unha película documental e ducias de edicións en varias linguas, agora por primeira vez se poderá ler tamén en galego. O libro converteuse nun éxito inesperado e en 2010 estreouse o documental dirixido por Félix Fernández de Castro. Para Gallardo todo isto fora unha sorpresa porque non se plantexaba ser unha referencia neste tema: “Non me plantexaba nada así cando fixen o cómic. Era unha historia importante que tiña que contar. Ser un referente é importante se fas algo que sirva para axudar aos demáis como é o caso de “María mais eu”. Non era ese en principio o obxectivo pero a verdade é que se converteu nunha arma importante para a normalización”.


Moitos actores destacados da vida social galega apoian a campaña

Se o din en galego, contádenolo en galego!

Sociedade 31/03/2014
  Envía a túa opinión

Contar as cousas como nolas din, tal e como vimos de escoitar, implica tamén nun territorio no que temos un uso recoñecido de varias linguas, respectar a escolla lingüística do entrevistado ou declarante ao deitarmos esas palabras na páxina dun xornal ou nunha web. Porque ás veces non é que a sociedade fale pouco galego, senón que malia falalo, os medios, que exercemos como altofalantes desas palabras, traducimos as súas declaracións. É por iso que para aumentar a visibilidade da lingua galega na comunicación a Coordinadora de Traballadoras e Traballadores de Normalización da Lingua (CTNL) vén de pór en marcha unha nova campaña de difusión apoiada por unha manchea de nomes ben coñecidos da vida cultural, social ou deportiva de Galicia. Chámase “Como cho digo!”.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -184 -185 -186 -187 -188 -189 -190 -191 -192 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros