Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Domingo 19 de Agosto de 2018

Programas > Rutas, eventos, escapadas

Información do programa Novas do programa

Imaxe do creador, desaparecido este ano.

Homenaxe en Madrid a Isaac Diaz Pardo

Sociedade 18/12/2012
  Envía a túa opinión

O Consello da Cultura Galega homenaxeará en Madrid o mércores 19 a Isaac Díaz Pardo. Intervirán no acto, entre outros, Antonio Bonet Correa, Alfonso Paz-Andrade, Nicolás Sánchez-Albornoz e Ramón Villares. Presentaránse debuxos orixinais de Díaz Pardo, baixo o título "O crime de Londres" de 1977.


Mario Monti

Italia elimina as Deputacións

Institucional 01/11/2012
  Envía a túa opinión

Italia elimina o equivalente ás Deputacións provinciais. Dentro de 2 meses desaparecerán os gobernos de 35 provincias, segundo a decisión adoptada polo goberno. A decisión xenerou protestas entre os dirixentes provinciais, que anuncian recursos contra esa medida.


Orixinal protesta dos bombeiros da Coruña diante da Deputación no ano 2006

Expresións impropias

Sociedade 17/07/2012
  Envía a túa opinión

O PP non vai permitir condutas como as de Andrea Fabra no Parlamento, "porque afectan ao decoro e á dignidade da Cámara" manifestou o voceiro dos populares no Congreso Alfonso Alonso. Referíuse así á expresión "que se fodan" pronunciada pola parlamentaria de Castelló Andrea Fabra, cando o presidente do goberno Mariano Rajoy presentaba os recortes das prestacións aos desempregados. Fabra manifestou con posterioridade que non se refería aos parados, senón aos deputados socialistas.


Cardiff foi o porto carboeiro máis importante do mundo

Gales acolle o X Congreso da AIEG

Sociedade 04/07/2012
  Envía a túa opinión

A Universidade de Cardiff, capital de Gales, acollerá do 12 ao 14 do próximo mes de setembro o X Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos (AIEG) baixo o título  “Galiza alén do Arco Atlántico. Unha visión multidisciplinar dos estudos galegos”. Participarán 125 relatores, entre os que figurarán expertos do Consello da Cultura Galega, institución que alberga a sede da AIEG e que colabora activamente na organización do encontro.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros