Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Domingo 24 de Xuño de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Vostede quere isto

“Steve Jobs: La entrevista perdida” (Canal +, 23:05 h.)

Sociedade 04/06/2012
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

Poderíamos ter sexo cun IPhone. Refregalo polo corpo e lambelo até a excitación. Haiche parafilias máis estrañas, pero non hai maiores obxectos de desexo para os homes que outro corpo humano ou un trebello de alta tecnoloxía como os da casa da mazá. E iso malia que non temos traballos que esixan comunicación e coordinación constante por todas as vías posibles; non requirimos axendas electrónicas con recordatorios de voz; non temos 200.000 followers en Twitter; non somos executivos de avión en avión precisando mapas de cidades que lles son alleas; non somos fotógrafos con bo ollo; non necesitamos acceso a través da nube a todos os arquivos do noso computador porque hoxe esteamos en Kuala Lumpar e mañá vai ti saber... 


Non só brilla o ouro, tamén as bágoas

“Callejeros: Ricos en apuros” (Cuatro, 00:30 h.)

Sociedade 01/06/2012
 2 comentario/s - Envía a túa opinión

Envelenados pola crise, podemos chegar a ser uns grandes mesquiños, facendo do diñeiro unha categoría moral segundo a que xulgar aos demais, como se ter máis cartos implicase necesariamente ter menos corazón. Iso si que sería ter o diñeiro por castigo, e porén pódese ser rico e ser boa persoa. Se non o cremos, se pensamos que o capital é a orixe de todo mal, agora mesmo debéramos prender os fachos e asaltar o Banco de España. Mais non o facemos porque nós, esa clase media que camiña cara o cemiterio de elefantes no que fican as letras impagadas das hipotecas, os monovolumes e os plasmas de 42 polgadas, aspiramos tamén á riqueza pecuniaria mentres confiamos na nosa incorruptible bondade. 


Casade!

“Casamos!” (TVG, 22:15 h.)

Sociedade 31/05/2012
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

Co tempo voume corrixindo. Antano, cando unha parella, todo felicidade, dicíame “casamos!”, o primeiro que eu lles respondía era “casade!”. Agora xa aprendín que a fórmula de uso social pasa por contestar “noraboa!” e evitar calquera manifestación que, como a miña, puidese revelar a vontade de resultar excluído dos fastos. Descoñezo a etimoloxía da palabra, mais sen dúbida “fastos” ten que proceder de “fastío”. O relato dos preparativos das vodas alleas resulta, para os convidados, unha experiencia semellante á que debía ter un coronel dos Marines repasando en Camp David a estratexia da Operación Tormenta do Deserto. Por momentos, xuraría que resulta máis complexo resolver a loxística dunha cerimonia para 150 persoas que a necesaria para a invasión dun país estranxeiro. Logo repárase no investimento económico requirido para formar parte da celebración e un xa se sente Mambrú cando marchou á guerra. E con todo, co paso dos anos e coa acumulación de enlaces das miñas amizades, a miña intransixencia foi amolecendo. Fíxoo tanto que estiven a unha soa chamada -a ironía é así de rabuda- de formar parte do programa da TVG titulado, si, “Casamos!”. 


Sen límites

“Gran Hermano: La Re-Vuelta” (Telecinco, 22 h.)

Sociedade 30/05/2012
  Envía a túa opinión

Segundo a miña maneira de ver o mundo, na vida funciónase por entusiasmo. É un motor moi poderoso e que esixe moitos coidados. O entusiasmo é efémero e, para triunfar nunha misión, cómpre mantelo vivo o maior tempo posible, á maneira na que os portadores do facho olímpico corren pendentes sempre de que unha chaparrada á beira do Támesis non vaia sufocar o lume sagrado logo de percorrer máis de 3.000 quilómetros entre Atenas e Londres. Máis nos vale. O día que esvaece, ficamos derrotados sen remedio. Eu teño manifestado un entusiasmo que xa non son quen de resucitar por moitas cousas. Arredor de todas elas acepto xa, sen vergoña, un coñecemento superficial. Aínda que sexa para a miña desgraza, renuncio a profundar na cuestión. Hai varios anos que non aprendo fintas novas no “Fifa” da Playstation. Máis aínda que deixei de ler aos autores da Escola de Frankfurt. Comprendía o Facebook na súa primeira encarnación, pero agora son incapaz de asumir as actualizacións máis recentes. Coñezo dous silabarios xaponeses, porén o meu nivel de kanjis é propio dun párvulo. E vin varias edicións de “Gran Hermano”, mais xuro que nin con todo o meu intelecto a plena potencia son capaz de albiscar un sentido a canto acontece entre esas catro paredes indiscretas.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros