Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 21 de Xullo de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

A que se che vén enriba, Samuel

“Deep Blue Sea” (TVG, 22.50 h.)

Sociedade 17/03/2010
  Envía a túa opinión

Ese invento do 3D, que nos queren vender como a maior revolución do cine dende que ao cantor de jazz lle deu por cantar con son e o puidemos escoitar, ou dende que o tecnicolor levou o arco da vella á pantalla, non impresiona tanto aos que medramos nos 80 e soñamos longo tempo con películas que saian fóra da pantalla. Un celofán azul e outro vermello diante dos ollos abondaban para conseguir a inmersión e durante un tempo efémero vivimos o soño das tres dimensións: o que duraba enteiras aqueles lentes de cartón que che vendían coa Tele Indiscreta xunto cos cromos de “V”. Non sabiamos aínda o que era o cine dixital e por iso os pioneiros do 3D fracasamos. Entre aqueles primeiros experimentos tridimensionais estaba unha versión do filme “Tiburón”, o thriller de Spielberg sobre depredadores mariños que eu xa non aturaba laminado na pantalla, menos aínda se a quenlla ameazaba con botarse fóra. Desenvolvín entón unha fobia contra os tiburóns no cine que aínda manteño e que agravou “Deep Blue Sea”, o filme que pasa esta noite a Galega.


Aínda non hai píxels que a reproduzan

“Lara Croft: Tomb Raider” (La Sexta, 22.30 h.)

Sociedade 16/03/2010
  Envía a túa opinión

Se a crítica vai necesariamente da man do medio ao que se refire, debe adaptarse a el en toda circunstancia, mesmo nas menos desexables? É recomendable para quen fala de televisión obrar da mesma maneira que a televisión para así resultar máis fiel ao obxecto da súa crítica? Isto é: se as cadeas repiten de xeito cotiá as mesmas emisións, sen ningunha variación, hai algo que engadir ao xa criticado ou abonda con replicar a versión orixinal da mesma maneira que os programadores actúan sen recato? Quere todo isto dicir que entendo xa un pouco máis a Camilo José Cela cando colocaba os mesmos discursos repetidos en actos diferentes porque as circunstancias era perfectamente intercambiables? A divagación vén ao conto de que La Sexta emite esta noite o filme “Lara Croft: Tomb Raider”, e os meus dedos lembran ter escrito sobre o mesmo non hai tanto tempo. Reprográmase en horario estelar a mesma proposta que o día 1 de xuño do pasado ano, e eu vou facer o experimento de reprogramar a miña crítica de entón como proba de asimilación televisiva.


“Morenita, muchachita”

“El Hormiguero: MAM e Pilar Rubio” (Cuatro, 21.35 h.)

Sociedade 15/03/2010
  Envía a túa opinión

Máis lle vale a un estar orgulloso do seu nome, porque, agás unha molesta visita aos rexistros oficiais e unha pelexa coa burocracia para cambialo, é o que lle toca para o resto dos tempos. Eu estou ben satisfeito co meu, incluso teño toda unha teoría elaborada arredor da súa eufonía, do ben que soa, que vou aforrar aquí porque estamos para falar doutra materia. O asunto do bautismo nominal vén porque a única ocasión na que reformulei a idoneidade do meu nome e apelidos foi durante a época de gloria de UPA Dance, aquela serie xuvenil de baile e romance da que saíu un efémero produto musical, á fronte do cal estivo o artista antes coñecido como MAM, acrónimo do seu nome e do meu, e a quen moitos lembramos como “o murmurador”: el era o responsable de dicir “morenita, muchachita”, no maior hit da banda. Hoxe volve á televisión.


Alonso rampante

“Fernando en Ferrari, la fábrica de sueños” (La Sexta, 21.30 h.)

Deportes 12/03/2010
  Envía a túa opinión

Oremos todos pola alma pecadora de Antonio Lobato. Que o presentador da Fórmula 1 subscribiu nalgún momento do ano o contrato favorito do presidente da patronal, Gerardo Díaz Ferrán, o contrato mefistofélico é un feito innegable. A alma e a frondosidade capilar do xornalista están nalgunha caixa do sétimo círculo do inferno a cambio de que a temporada nos deporte dos bólidos sexa a mellor en moito tempo. Foi o ano pasado un páramo de emocións e un festival de decepcións para todos os que nos últimos tempos aprendéramos o que eran uns slicks, o que significa o safety car, cal é o traballo aerodinámico feito no alerón traseiro dun Force India e que a pilotaxe de Adrian Sutil non facía aprecio do seu apelido. Os cambios na regulamentación colleron a pé cambiado ás grandes escudarías e os pilotos favoritos, incluído Fernando Alonso, ficaron sometidos á vontade dunha peza chamada dobre difusor que disque é a que garda o trofeo de campión do mundo no seu almacén, e non o piloto Jenson Button no salón da súa casa.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros