Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 23 de Xuño de 2018

Programas > Músicas e Letras

Información do programa Novas do programa

Kalandraka proponnos “Elas” neste 8 de marzo

Cultura 08/03/2010
 2 comentario/s - Envía a túa opinión

A editorial Kalandraka vén de publicar Elas, un libro distinguido cunha mención especial no II Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado. O xurado do certame definiuno como un “canto ao feminino”. Trátase dun texto poético e cheo de musicalidade, que se complementa cunha inguaxe plástica limpa, clara e suxerente, de ilustracións sereas e delicadas, con cores suaves; e imaxes de gran valor simbólico, segundo afirman desde a editora.


 



Olga Román

A sensibilidade e dozura de Olga Román en Galicia

Cultura 08/03/2010
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

A voz de Olga Román transmite delicadeza e dozura para os oidos. Acompañou a Luis Eduardo Aute e a Joaquín Sabina,, pero agora incorpora ritmos latinoamericanos, de jazz e blues. As súas cancións falannos de sentimentos comúns con gran fermosura e sensibilidade. Esta semana actua en Narón, Vigo, Santiago de Compostela e Lugo.


Chega ás librarías a primeira tradución ao español do best seller xaponés “Kanikosen”

Cultura 05/03/2010
  Envía a túa opinión

A identificación entre os pescadores xaponeses da década dos anos 20 e os actuais traballadores que comparten a imposibilidade de rachar unha cadea interminable de empregos temporais e mal pagados converteron a obra Kanikosen, un clásico da literatura nipoa de Takiji Kobayashi, publicado por primeira vez en 1929, nun “best-seller” no Xapón. No país asiático vendéronse xa 1.600.000 exemplares dun libro que serviu de xerme ao nacemento do “fenómeno Kanikosen” e que xa ten unha versión no xénero manga e dúas no eido cinematográfico, a primeira de 1953 e a segunda do pasado 2009. Kanikosen. El pesquero sae este luns, 8 de marzo, á venda, publicado pola editorial catalá Ático de los Libros. Unha das súas editoras, a galega Iria Rebolo, asegura que “os galegos pola nosa proximidade ao mar sentirémonos moi unidos á obra”.




A Sala Capitol acollerá a presentación do disco máis enérxico de Ruxe-Ruxe

Cultura 02/03/2010
  Envía a túa opinión

Na fura de diante, este é o título do sétimo álbum de estudio de Ruxe-Ruxe. A banda de Aríns apostou desta volta por un disco máis rápido, máis duro e máis punk que o anterior, Xigantes, co que se achegan máis ao son do directo. Iso si, sen esquecerse da música tradicional e do carácter reivindicativo das súas letras. Na fura de diante son 15 composicións das que se encargou o vocalista e guitarrista da banda, Vituco Neira; e que foron gravadas nos Océano Estudios de Javier Abreu e masterizadas en California polo gran Tom Baker. Este sábado, 6 de marzo, a Sala Capitol de Compostela acollerá o concerto de presentación do disco, que sairá o luns á venda, pero co que xa poderán facerse os que se pasen polo directo. A entrada custa 10 euros, CD incluído, e xunto aos Ruxe-Ruxe actuará unha formación amiga, Medomeda.




1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -184 -185 -186 -187 -188 -189 -190 -191 -192 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros