Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 22 de Xuño de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Ola, meu amor, eu son o teu lobo

“Espacios Naturales: Félix Rodríguez de la Fuente” (La 2, 22 h.)

Sociedade 11/03/2010
  Envía a túa opinión

Lin este días que, durante os anos 70 o español máis coñecido despois de aquel señor de Ferrol con fino bigote que tiña tan mal pronto era o divulgador Félix Rodríguez de la Fuente. Ao sublevado eu tiven a sorte de non coñecelo, e cando o hidroavión no que viaxaba o documentalista se esnafrou en Alaska ou meu uso de razón era aínda moi limitado, o propio dun neno de tres anos. Non obstante, si teño lembranzas de Félix, o cal dá a medida da súa relevancia, sobre todo na televisión, da que era a estrela número un naquel tempo. Aquel coñecemento inconsciente do mítico ecoloxista estaría en min pode que pola celebérrima sintonía de presentación de “El Hombre y la Tierra”, composta por Antón García Abril e que anunciaba unha mestura de emoción e desacougo cos seus ritmos tribais que calquera que pase dos trinta asubiou algunha vez. Aínda que se cadra, aínda fixo máis pola admiración infantil cara Rodríguez de la Fuente o drama cantado polo dúo Enrique y Ana, que revisitado agora dá arrepíos. Un mozo de vinte anos de xesto serio e pouco cómplice cantando e bailando cunha nena de primaria segue a ser perturbador.


“Disque van quitar o muíño e poñer un Fnac”

“Comando Actualidad: Soy de pueblo, ¿y qué?” (TVE, 21.45 h.)

Sociedade 10/03/2010
  Envía a túa opinión

De entre todos os motivos que as persoas atopamos para facer a guerra, un dos máis gastados é o da loita entre as virtudes da aldea e as da metrópole. Mesmo existe un conto infantil tradicional, o do rato de campo e o rato de cidade, que pretende resumir un antagonismo que, dacabalo dos tópicos, vai camiño de converterse en ancestral. As máis das veces resulta un enfrontamento estúpido. Un non se alista nesta cuestión: nace xa chamado a filas por un dos bandos, porque aínda non coñezo a ningún neno que fixese mudanza en función das súas apetencias inmobiliarias. A min, por exemplo, tocoume ser urbanita, ou pequeno urbanita, se falamos con corrección porque aínda está por ver que as urbes galegas poidan chamarse a si mesmas cidades se teñen que compartir ese nome con xigantes como Madrid, Londres, Tokyo, México ou Nova York. Xa que logo, entendo a vida dunha maneira que implica densidade de poboación, apuros e rueiros que se estenden máis aló dunhas fachadas á beira dunha estrada nacional. Esta noite, “Comando Actualidad” quere abrirme os ollos á bonanza da vida na aldea coa reportaxe “Soy de pueblo, ¿y qué?”.


Metafísica catódica (Paolo Vasile, circa 2000 d.C.)

“Gran Hermano” (Telecinco, 21.45 h.)

Sociedade 09/03/2010
  Envía a túa opinión

Adquirir a condición de clásico require cada vez un tempo menor. Nas artes tradicionais era un prestixio que se acadaba co paso de moito tempo, mesmo de séculos enteiros. Conservamos arquitectura, esculturas e pinturas clásicas que pertencen a un mundo no que a nosa árbore xenealóxica aínda agardaba para agromar. Mais velaí temos o cine, con tan só un século de historia pero centos de bobinas fílmicas que merecen xa a maior consideración. Canto máis novo é o medio, máis se recortan os prazos. Mesmo nos videoxogos, se cadra a forma de lecer máis recente, a súa creación apenas ten 30 anos e conta xa co seu David ou Gioconda, un fontaneiro con bigote chamado Super Mario. E na televisión, aínda adolescente ela tamén, cabe que establezamos un canon de clásicos? Se a resposta é si, que no libro de salmos, con forro de veludo, na primeira páxina aparezan Jorge Berrocal e María José Galera.


O galego pexorativo

“Entrevista con José Luis Rodríguez Zapatero” (TVE, 21.30 h.)

Institucional 08/03/2010
  Envía a túa opinión

Disque a ocasión é para aproveitala. Millóns de españois escoitarán con atención esta noite as palabras do presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, a quen Pepa Bueno, José Ramón Lucas e Ana Blanco entrevistarán dende a Moncloa despois de que remate o Telediario. Será na véspera do segundo aniversario do seu último triunfo electoral cando o líder do Executivo explique en audiencia particular para todos os espectadores da canle pública a súa receita para saír da crise. Mais, aínda que alén de Pedrafita a cousa non mereceu moita atención, dende este recanto asexaremos cada aceno de Zapatero, concentrarémonos no detalle e miraremos cara a pantalla como se esta fose límpida como un espello e nela intentaremos ver o noso reflexo, tal e como nos dixo Rosa Díez.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros