Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 23 de Xuño de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Monumento da movida, movida monumental

“Gala dos Premios da Música” (La 2, 22 h.)

Cultura 05/03/2010
  Envía a túa opinión

Seguro que xa o esquecemos, pero agora que chega a gala de entrega dos premios Oscar, non está de máis lembrar que a veracidade de todo canto vemos nesa clase de festas gremiais estadounidense está en cuestión por unha mamila. De cando en vez hai que dicir estas cousas, porque a bobada colectiva nos devora e non nos damos nin conta. As presuntas emisións en directo que veñen dos Estados Unidos chegan en realidade cuns pouquiños segundos de diferido, o tempo necesario para que un censor atento elimine calquera acontecemento fóra de guión que poida provocar a consternación mundial, por exemplo a gloriosa liberación da mamila dunha irmá de Michael Jackson. Tal cousa acontecera nunha xa célebre retransmisión da Superbowl e provocou todo esta lea. La 2 emite esta noite a Gala da XIV Edición Premios da Música de España, organizada pola Academia das Artes e da Música, que presenta Alaska. Se temos en conta que a cerimonia tivo lugar onte e, xa que logo, se retransmite con 24 horas de diferido, a un dálle por pensar que Olvido Gara debeu liberar diante das cámaras todo o seu perímetro torácico ou o que alí aconteceu excede as crónicas de Sodoma e Gomorra.


A policía é zoupona e el chegou para remedialo

“Castle” (Cuatro, 22.15 h.)

Sociedade 04/03/2010
  Envía a túa opinión

Pasará esta crise e, se a patronal gana a guerra entre o diñeiro e as persoas, de tal maneira que importe máis o balance empresarial por enriba ou contra a dignidade do traballador, teremos que lamentar moitas vítimas. Unha delas será a profesionalidade. De prosperar un sistema no que por traballar pagan pouco e mal, sen indemnizacións e sen garantías, que interese habería en esmerarse en facer as cousas ben? Como resultado, tanto tería todo. Calquera podería acabar facendo calquera cousa, e ante a falla de capacitación ou destreza, ao empregador abondaríalle con ir saltando dun empregado a outro sen custo algún. Esa fantasía da desprofesionalización é unha que abunda nas series policiais, que non dan tregua aos axentes con placa. Non son poucas as que deixan en evidencia a incompetencia dos que pasaron pola academia fronte as sorprendentes dotes para loita contra o crime dun que tan só pasaba por alí. É o caso de “Castle”, outra máis deste xénero que chega esta noite a Cuatro.


Suspicious minds

“Infiltrados” (TVG, 22.45 h.)

Cultura 03/03/2010
  Envía a túa opinión

Celebremos como unha das grandes e necesarias conquistas da Televisión de Galicia a perda do medo ao que dirán e a aposta decidida polos xéneros de ficción que van mais aló do xa coñecido costumismo social. Gustará máis ou menos, pero nunca se ponderará o suficiente o moito ben que a serie “Matalobos” fai e fará pola perda de complexos, demostrando que o thriller, os asuntos de heroes e viláns, de sexo e morte son tan  propios e acaídos na área metropolitana da Coruña, como no suburbio madrileño, como nun barrio deprimido de Baltimore. Imos xa bastante mellor servidos que antes, porén non cabe desprezar a oportunidade de tomar apuntamentos ao natural dos mestres das historias de tripa e sangue, Martin Scorsese e Jack Nicholson, que falando correctísimo galego normativizado pasean esta noite pola TVG nun achegamento máis do director italoamericano ás causas do crime, debulladas con microscopio.


O tute e o dominó son universais como os anuncios de Benetton

“Destino: España. Estremadura” (TVE, 23 h.)

Sociedade 02/03/2010
  Envía a túa opinión

Os grandes medios de transporte crean hipermétropes territoriais. Esta oftalmolóxica afirmación pretende dicir que a gran industria do turismo fainos enfocar con máis claridade as cousas que están máis lonxe de nós e deixa borrosas as máis próximas. Pódenos a curiosidade por coñecer lugares exóticos e afastados fronte á accesible veciñanza. A outra escala, é algo similar a cando un baixa a tomar algo e non se lle pasa pola cabeza ficar no bar da súa rúa, porque para iso xa queda na casa e, postos a saír, cómpre facer algo de traxecto. Así as cousas, acontece que un puxo máis veces o pé no estranxeiro das que estivo en Melide, a provincia de Ourense ou Toledo, por facer unha escala. E os programas de reportaxes con ánimo turístico non fan senón afondar nesa discriminación que establece que, canto máis próximo, menos interesante. Estréase esta noite “Destino: España” para facer de lentes que corrixan a deficiencia visual.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros