Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 17 de Xaneiro de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Desprezo a escala planetaria

“A Fondo: Prometo serte fiel” (Antena 3, 00.15 h.)

Sociedade 01/03/2010
  Envía a túa opinión

Foi o momento deportivo da fin de semana. Non a medalla de ouro para Canadá na final olímpica de hóckey sobre xeo fronte aos veciños estadounidenses; nin a derrota de Usain Bolt nunha proba de relevos 4x400 en Xamaica; nin sequera a nova exhibición de estética e torpeza de Rodolfo Bodipo na dianteira do Deportivo, o killer con corazón que fai aos defensas rivais irse para o vestiario créndose Beckenbauer. O momento atlético da fin semana estivo nos prolegómenos do Chelsea-Manchester City da liga inglesa de fútbol cando o lateral esquerdo do equipo visitante, Wayne Bridge, negoulle o saúdo coa man ao seu ex compañeiro de vestiario no equipo de Londes, John Terry.


Ssssssshhhhhhhhhhhhhhhhhh

“Callejeros: Silencio” (Cuatro, 22.20 h.)

Sociedade 26/02/2010
 5 comentario/s - Envía a túa opinión

Imos facer un experimento e ficar tres segundos calados (...). Isto que na radio é a morte, segundo os expertos, para un de cada tres españois supón ir ao paraíso, porque por culpa do ruído unha gran parte dos habitantes da cidades din pasar as fins de semana no purgatorio, cando non no mesmísimo inferno. O programa de reportaxes “Callejeros” tentará esta noite explicar os motivos polos que España é o segundo país máis ruidoso do mundo, tan só detrás do Xapón. Eu podo certificar as dúas cousas. O tráfico das metrópoles niponas e as mareas humanas que saen das bocas de metro pódente facer sentir como se estiveses no estómago dun monstro con mala dixestión. Pero aínda no medio do marasmo, pódese distinguir a un súbdito ibérico tan só con poñer a orella. A proba funciona en calquera país estranxeiro no que esteamos de turismo. Abonda concentrarse un segundo, e alí onde escoitemos a alguén dar as voces máis altas, como se estivese comprando un quilo de meigas na lonxa, alí estará un español.


Presentador sen gravata: fashion revolution en TVE

“50 años de... moda” (TVE, 23.30 h.)

Sociedade 25/02/2010
  Envía a túa opinión

Esa liña circular de autobús que é a moda debe de estar a piques de parar unha vez máis na estación dos anos 80. É a mellor xustificación que podo atopar para que a televisión adopte o formato 16:9, ese que abrangue máis visión periférica, adáptase á nosa maneira de ollar apaisada e, de paso, dá a impresión de encoller os corpos e facelos máis bochudos aínda. Se a televisión de seu engorda, a televisión panorámica convida ao sobrepeso. Porén, cunha pantallas así de anchas é a única maneira de que, nun inminente revival oitenteiro, poidamos apreciar en toda a súa maxestosidade as ombreiras dos presentadores, que en tempos de Mayra Gómez Kemp ou Isabel Tenaille, tan esaxeradas eran que saían polos cantos do monitor. Canto cambiou a moda é o que quere demostrar tirando de arquivo o programa de Televisión Española “50 años de...”.


A polas suecas!!!

“Comando Actualidad: El invierno más frío” (TVE, 22.15 h.)

Sociedade 24/02/2010
  Envía a túa opinión

Circula por aí un chiste absurdo que afirma que as cousas son de mellor calidade cando as dicimos dúas veces seguidas. Por exemplo: esta cazadora é de pel, pel. Pois resulta que este que estamos a vivir é un inverno, inverno. A memoria meteorolóxica é curta, e sobre todo se aínda non tes un arquivo de reuma nos osos para prognosticar cando o frío e a humidade son para temer, pero pasarán os anos e lembraremos que no inverno de 2010 vivimos unha estación como as de antes, de cando o verán era verán e o frío viña a eito e exactamente á hora á que se lle agardaba, como fai un convidado educado. O programa de reportaxes da televisión pública estatal “Comando Actualidad” pregúntase se non seremos algo mexericas de máis con isto dos calafríos e viaxa polo mundo para comprobalo. E non, non está permitido responder se vostede é unha deses xubilados que estragaron a glándula das sensacións térmicas e teiman en bañarse nas praias galegas en troques de andar coa cunca de caldo ao quentiño da lareira.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros