Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 20 de Xaneiro de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

“Oísteeessss, chorbo, ninguén se acorda de min!”

“El Hormiguero: Celda 211” (Cuatro, 21.50 h.)

Sociedade 23/02/2010
  Envía a túa opinión

Os espellos da quella do Gato, eses que deformaban a realidade creando o esperpento, teñen agora forman de pantalla. Non damos abasto. Hai tres días, unha ex lexionaria dentro da casa de “Gran Hermano”, bébeda como un piollo, padeceu unha crise nerviosa e moitos no primeiro no que pensamos foi en que alguén tivese a intelixencia de agochar todos os coitelos da cociña antes de que alí alguén comezase a rachar carótides e converter a vida en directo nun baño de sangue. Esta pasada noite, en horario de máxima audiencia na televisión pública estatal, viamos como Anne Igartiburu só atinaba a dicir “cariño, cariño, cariño” para calmar a un violento aspirante a Eurovisión que levaba cinco minutos seguidos convidando á audiencia a que merendase dos seus xenitais. Para recuperármonos de tanta tensión cómpre algo de televisión branca e familiar, e ninguén a fai mellor nestes días que “El Hormiguero”, que dedica o seu programa a homenaxear a “Celda 211


Reliquia eurovisiva, circa 2010

“Gala especial Eurovisión” (TVE, 22.15 h.)

Sociedade 22/02/2010
  Envía a túa opinión

Medraron tan axiña en influencia que de cote esquecemos que os medios audiovisuais teñen moi poucos anos de vida e, non obstante, como se fosen ancestrais cultos relixiosos, foron capaces de producir as súas propias reliquias. Velaí está o cine mudo como vestixio dun tempo que, agora que entramos na era do 3D, será considerado prehistórico no asunto fílmico; ou as antigas radionovelas, case por completo desaparecidas dos transistores. A televisión, máis noviña que os outros medios, aínda gaba os incorruptos restos de “Eurovisión”, antano vehículo de fervor patriótico e laboratorio de compositores e artistas de éxito, hogano fenómeno cómico estatal que supón o gran evento anual do cinismo catódico.


19 de febreiro e xa comeza a trepanación

“Luar” (TVG, 21.40 h.)

Cultura 19/02/2010
  Envía a túa opinión

Apañamos. Miren o calendario: é 19 de febreiro. Cando nos últimos días de setembro estean suando cuba libres ao calor das noites estivais no campo da festa, ou deshidratándose esmagados entre a multitude da discoteca, soarán uns acordes, vostedes axeonllaranse e pregarán, mirando cara o ceo, que fixeron para merecer isto. A xente láiase de que os escaparates con motivos do Nadal estean dispostos dende o mes de outubro, pero non son conscientes de que, dun tempo a esta parte, a canción do verán é a canción anual, que transcende estacións ao igual que o fai a meteoroloxía. Aproveitando ese mareo que temos, con días estivais en marzo e días invernais en agosto, tan só un xenio da lobotomización musical sabe que hai que estar ao quite para tradearnos o cerebro dende a primeira oportunidade. King África estrea nova canción esta noite no “Luar”.


Primeiro o mundo, despois a Casa Branca

“Terminator 3” (Antena 3, 22.15 h.)

Sociedade 18/02/2010
  Envía a túa opinión

“Terminator 3” resúmese nun só fotograma: aquel no que asoman os pectorais fláccidos de Arnold Schwarzenegger. Para os que bebemos daqueles tetos anabolizados para aleitarnos do cine de acción nos anos 80, aquela moleza irremediable que nin os efectos especiais podían remediar marcou o comezo da fin. Cando se estreou a terceira parte da saga dos malvados robots dispostos a aniquilar a humanidade, o culturista austríaco xa tiña os seus propios plans para salvar á especie no mundo real e queríao facer a través da política.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros