Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 21 de Xullo de 2018

Programas > Músicas e Letras

Información do programa Novas do programa

O funky de Supersandwich volve aos escenarios en Vigo e A Coruña

Cultura 12/02/2010
  Envía a túa opinión

Supersandwich volve facernos escoitar funky neste 2010. Pero non só este estilo musical, senón tamén outros como a rumba, o rock, ou o hip hop, aos que se unen letras frescas e orixinais que de seguro farán mover a máis dun hoxe venres na Fábrica de Chocolate de Vigo a partir das nove e media e o sábado no Le Club da Coruña nun concerto especial de Entroido ás dez da noite. As entradas custarán 5 euros en ambos casos. En marzo actuarán no Carballiño e Nigrán e en abril pasarán por Bueu.



 


Proyecto Kournikova ao vivo

Proyecto Kournikova protagonizan o terceiro concerto do Premio “Mans Futuro Pop & Rock”

Cultura 11/02/2010
  Envía a túa opinión

Os coruñeses Proyecto Kournikova presentarán este sábado o seu directo a público e xurado do Premio “Mans Futuro Pop & Rock 2010”. Será a partir das sete e media da tarde na FNAC da Coruña. A banda é a terceira en actuar no marco deste galardón, ao que compiten outros 11 grupos. O obxectivo do certame é apoiar aos grupos emerxentes do país. Cada 15 días, ata o mes de xuño, poderemos gozar dos seus concertos de forma gratuíta. O premio para o gañador será a gravación dun CD nos estudios Mans para a banda máis valorada e a participación no circuíto XpressionK!!! para as formacións seleccionadas.



Niño y Pistola presentan os seus alter-egos na Sala Nasa

Cultura 09/02/2010
  Envía a túa opinión

Niño y Pistola as Arthur and The Writers, este é o nome do terceiro álbum de Niño y Pistola. O cuarteto do Val Miñor cambia de identidade e Manolito, Álvaro, Quique e Moncho convértense agora en Peter J, Herbert, Lucio e Ignatius. A banda asegura que este disco é un tributo aos alter-egos, aos nomes falsos dos artistas e ás grandes historias. Un álbum que presentarán ao vivo este xoves na Sala Nasa de Compostela nunha das festas demoscópicas que organiza a revista Mondosonoro. Actaurán tamén Tetra&Freek, Bang 74 e Discos Las Palmeras. A entrada é de balde ata completar o aforo. Ademais, hoxe sae á venda a través da rede Niño y Pistola as Arthur and The Writers e o vindeiro martes de Entroido, o 16, editarase a edición física.



Portada do libro Los hijos del cielo

Os orfos da Coruña

Sociedade 07/02/2010
  Envía a túa opinión

22 nenos orfos sairon do porto da Coruña na corbeta "María Pita" o 30 de novembro de 1803. O xornalista e escritor Luis Miguel Ariza presentará o 23 de febreiro a súa novela "Los hijos del cielo" sobre a epopeia da denominada expedición da vacina, organizada polo doutor Xavier Balmis. O médico logrou levar a América e á China a vacina contra a viruela, utilizando aos pequenos coma se fosen neveiras.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -184 -185 -186 -187 -188 -189 -190 -191 -192 -193 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros