Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 17 de Xullo de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Risco de contaxio de serie B

“Virus” (La Sexta, 22.35 h.)

Sociedade 16/02/2010
  Envía a túa opinión

Con millóns de doses antivirais gardadas en caixas na botica da despensa pública e a poboación resistindo con enteireza propia dun siberiano o inverno máis frío que pode lembrar o noso cerebro conxelado, aos poucos van agromando as reportaxes que teorizan sobre unha gran teoría da conspiración farmacéutica para vendernos a apocalipse en forma de gripe A. O mundo enteiro esbirrou de medo e aquí estamos, tan sans como de cote, e pedindo desculpas aos pobres dos cochos, aos que sinalamos como incubadores do veleno. O terror a un andazo vírico letal habita dende hai tempo entre nós e a ciencia ficción está encantada de explotalo. Claro que o cine xa posúe virus de seu: hai quen sostén que entre os máis perigosos figura o da familia Baldwin.


Os herdeiros do chiquitistanismo

“El Club del Chiste” (Antena 3, 21.45 h.)

Sociedade 15/02/2010
  Envía a túa opinión

Para o alivio de loito económico, hai que procurarlle risas á xente. A televisión postúlase como axente terapéutico en tempos de crise e o humor gaña de novo espazos de privilexio na grella. Durante a pasada década mercamos por completo a idea estadounidense, como acontece con case todo o que ten que ver coas pantallas, de que o humor era algo que consistía exclusivamente nunha persoa de pé sobre un escenario contando un conto. O que eles chaman stand-up comedy aquí chamouse monólogo e foi monocultivo único da risa durante os últimos anos. A actual convivencia na programación de espazos como “Muchachada Nui” e “La Hora de José Mota” lévanos a tempos pretéritos nos que o humor non se despachaba coa máis simple economía de medios dun micrófono e un asento alto. Agora invístense cartos en provocar a risa e, postos a facer minimalismo, antes que o monólogo estivo o chiste, algo así, agás nos moi discursivos, como o haiku do conto humorístico. Antena 3 decide facer de novo eloxio do chiste no prime time nocturno.


I love the night life

“Gala Drag Queen de Las Palmas” (TVE, 23.30 h.)

Sociedade 12/02/2010
  Envía a túa opinión

Durante a eclosión festeira nocturna de cadaquén tócalle vivir unha etapa e non hai máis remedio que aceptala. A min teríame gustado gozar da movida novaoleira nos ano 80, pero era mociño aínda para as discotecas, da mesma maneira que agradezo que a miña tenrura me mantivese afastado das rutas do bacallao ou da parrochiña máis hardcore das discotecas con raio láser. Na miña época de máis esmorga, a universitaria en Santiago, vivín no medio do festival petardo, onde rebotabas dun a outro tugurio ao ritmo que che marcaba o último single de George Michael, Mónica Naranjo ou unha celebradísima e resucitada Rafaella Carrá. Un pensa que non se vai afacer e un par de vodkas despois está empoleirado nunha tarima bailando cancións do Studio 54. Foi daquela tamén o momento da explosión drag queen.


Tres pés para o banco dos chismes

“Fresa Ácida” (Telecinco, 21.30 h.)

Sociedade 11/02/2010
  Envía a túa opinión

Nunca cantes vitoria antes de tempo debera ser unha das máximas da “Arte da Guerra” de Tsun-Zu, ese tratado belicoso que moitos toman agora como manual de autoaxuda na competitiva sociedade humana do século XXI na que as persoas presumen de ser como bestas e colócanse alcumes como depredador, fera dos negocios ou quenlla das finanzas. Pensamos os que xa estabamos saturados da televisión como foro multitudinario de rexouba, e pensaron Isabel Pantoja e tantos outros con cuxas miserias almorzabamos cada tarde en Telecinco en que a defunción por fastío de “Aquí hay tomate” abría unha época de tregua. Mais o inimigo volveu aos cuarteis de inverno e rearmouse e agora ataca por todos os flancos. No gazpacho amarillista aínda nos faltaba Carmen Alcayde e xa está de volta.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros