Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 24 de Abril de 2018

Programas > Músicas e Letras

Información do programa Novas do programa

David Rey en Radiofusión

David Rey defende a esperanza e a alegría

Cultura 01/02/2010
  Envía a túa opinión

Conta con 24 anos. Licenciouse en Dereito e prepárase para abrir o seu despacho de avogado. Neste ano 2010 ven de sair á luz o seu poemario "Las alas de una alondra madrugando" coa Editorial Hiperión. O libro obtivo o premio de poesía xove "Antonio Carvajal" en Albolote (Granada).


Ábrese o prazo para participar no Cantalingua 2010

Cultura 01/02/2010
  Envía a túa opinión

Todos os grupos ou solistas de calquera estilo musical poden participar nunha nova edición do Cantalingua. Só teñen que enviar unha canción en galego e orixinal ao certame. O premio constará de varias actuacións en directo no marco do Correlingua 2010 e unha remuneración de 700 euros por concerto. O Cantalingua é un concurso musical ideado polas entidades organizadoras do Correlingua: a Asociación Socio-Pedagóxica Galega, a Confederación Intersindical Galega-Ensino, a Mesa pola Normalización Lingüística e os concellos de Lugo, Pontevedra, Santiago e Vigo, en colaboración co portal de música en galego Komunikando.net. O obxectivo do concurso é dar a coñecer a música galega entre os máis novos.




O surf-rock de Daddy O Grande e The Twin Tones aterra en Vigo e Compostela

Cultura 27/01/2010
  Envía a túa opinión

Daddy O Grande, este é o nome artístico do proxecto máis persoal do estadounidense Danny Amis, coñecido por ser o 50% guitarreiro dos Straitjackets. Co seu novo alter ego vén de comezar unha xira europea na que colle a súa máscara azul e prateada e a súa guitarra para presentar o seu novo disco Mexican Chili Taco Fiesta!. Toda unha declaración de principios na que non está só, senón que o acompañan Twin Tones, os reis do surf-western, unha banda procedente de México DF que toca música western instrumental con pingas de surf, country e polka norteña apoiados con sampleos que reviven o vello oeste pero cun toque moi mexicano. Ás nove e media desta noite pasarán pola Fábrica de Chocolate de Vigo e mañá xoves será a quenda da Sala Nasa de Compostela. A entrada anticipada custa 12 euros, 15 na billeteira.



O jazz de raíz galego e o estadounidense fúndese en “Atlantic Bridge”

Cultura 26/01/2010
  Envía a túa opinión

Músicos de EEUU e Galicia tenderon unha “ponte atlántica”, creada a base de jazz instrumental e que deu como resultado o álbum homónimo Atlantic Bridge. Un traballo que xa está na rúa e no que atopamos nove temas orixinais do pianista galego Alberto Conde, o guitarrista estadounidense Steve Brown, o trompetista Walter White, o saxofonista Alberto Somoza, o contrabaixista Kin García e o batería Miguel Cabana. Para escoitar ao vivo o disco teremos que agardar aos meses de xuño, xullo e agosto nos que o sexteto transoceánico ten previsto realizar unha xira por Galicia.


1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -184 -185 -186 -187 -188 -189 -190 -191 -192 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros