Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 24 de Xaneiro de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Aberto por resucitación

“Última Guardia” (Antena 3, 22 h.)

Sociedade 10/02/2010
  Envía a túa opinión

Resulta difícil apartar os ollos de Pilar Rubio e os oídos de Belén Esteban, que esta noite se xuntan para o debut da primeira en Telecinco á fronte dunha renovada versión de “¡Mira Quién Baila!”. Mais como está previsto que as celebridades sigan facendo dirty dancing para as masas durante as vindeiras semanas, o xusto, por aquilo de facerlle caso á educación sentimental e televisiva é renderlle tributo á serie que iniciou a época de ouro da ficción nas canles españolas. Co gallo do 20 aniversario de Antena 3, a botica máis célebre da pantalla volve abrir as súas portas, iso si, se Romerales é capaz de darlle “para adentro” desta volta.


Ailalelo, ailalalo

“Alalá” (TVG, 21.30 h.)

Sociedade 09/02/2010
  Envía a túa opinión

Tras unha inmersión breve onte pola noite na “Generación Ni-Ni” de La Sexta, e aínda algo espantado pensando se a adolescencia realmente era iso e preferindo crer –aínda que sexa peor para todos- que a imbecilidade é cousa de cadaquén e non de faixas de idade, estou disposto a facer tratamento de choque esta noite. A televisión, como pasa co cine, a música e tantas outras cousas, é un mundo que tende ao xuvenil, porque na mocidade está o consumidor que cómpre facer fiel. Mais niso a Televisión de Galicia é un oasis. Será por cousas da pirámide demográfica que non lle queda máis remedio, pero en comparación con outras cadeas, a autonómica si respecta á xente de máis idade como público obxectivo e mesmo se permite a transgresión de facela protagonista. Iso pasa de cote en “Alalá”, ou a demostración de que a partir da etnografía pódese facer boa televisión.


O sorriso está sobrevalorado

“CSI Miami” (Telecinco, 22 h.)

Sociedade 08/02/2010
  Envía a túa opinión

Este comentario prodúcese tras unha noite insomne de inmersión televisiva estadounidense grazas a ese evento tan deportivo como circense ou comercial chamado Superbowl. Mesmo quen nada sabe do deporte no que homes de 200 quilos rebéntanse as carnes protexidas con coirazas plásticas coñece que a  final da liga de fútbol americano é a maior feira publicitaria da televisión, cos segundos de pantalla cotizando a millóns de dólares. Dos anuncios deste ano, entre os que abundaron os de cervexa, cadeas de comida rápida e outras marabillas do american way of life, un dos segundos máis memorables correspondeu á promoción dun novo capítulo da serie de policías forenses CSI, que se repite con sabores diferentes segundo onde teña lugar a trama. Coa xubilación de Grissom, a edición Miami acapara a atención grazas ao roxo Horatio. E de todos os intres das catro horas de retransmisión televisiva, esa promoción da serie no que se lle escapou un medio sorriso ao investigador de faciana impenetrable, ese perdurará no tempo por excepcional. Telecinco emite esta noite un novo capítulo cun argumento que explica a fenda no malhumor de Horatio.


O almorzo dos campións

“El Último Superviviente” (Cuatro, 21 h. )

Sociedade 05/02/2010
 3 comentario/s - Envía a túa opinión

Coñecín a Bear Grylls un sábado polo mediodía deses nos que te ergues para almorzar á hora á que a xente de ben xa comeza a cociñar para o xantar. O seu impacto en min foi tan profundo que aínda lembro a arcada que me bateu no peito e cómo tiven que pechar a boca para non converter o meu televisor no primeiro 3D doméstico de cuxa pantalla saían gallegas maría e leite con café. É o que ver a alguén amoreando merda de elefante para soprar nela e facer lume ou pasar a coitelo unha tartaruguiña á que logo se merenda como polo asado. O tipo non se chama “Oso” por casualidade. As barbaridades deste plantígrado humano ocuparon todas as miñas conversas dese días. Tan bestial, literalmente, foi o impacto da primeira emisión de “El Último Superviviente” que agora Cuatro rescata esta mestura entre os filmes de John Rambo e os documentais do Discovery Channel para pasalos no prime time.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros