Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 22 de Xaneiro de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Este comentario non inclúe spoilers

“Perdidos Experience” (Cuatro, 21 h.)

Sociedade 04/02/2010
  Envía a túa opinión

Con permiso da final do Mundial de Fútbol, e agás que Indhira e Arturo transformen o novo “Gran Hermano” na primeira emisión pornográfica en aberto dunha televisión en España (a vida en directo, chamábanlle), o acontecemento televisivo do ano xa ten data de emisión. Será en maio cando o gran quebracabezas da ficción seriada, que rite ti dos 3.000 capítulos de romance e traizón de Santa Bárbara, chegue á súa fin. En plena primavera florecerá o resultado definitivo de “Perdidos”, a serie 2.0, a que creou a súa lexión de fans grazas a amplificación da súa importancia a través de internet, onde os fans debullaban cada capítulo e conseguían todas as novidades que non obtiñan da pantalla tradicional, onde a súa emisión regular foi maltratada por Televisión Española. Artefacto de culto, Cuatro fíxose cos dereitos orixinais de “Lost” e pretende muxir os tetos da illa dos misterios todo o que poida. Esta noite anticipa a última tempada nun programa especial.


Se alguén merece ser all-star é el

“Gran Hermano: el reencuentro” (Telecinco, 21.45 h.)

Sociedade 03/02/2010
  Envía a túa opinión

Nos soños máis húmidos da dirección de Telecinco e tamén da súa audiencia máis fiel desaparecerían da grella todos os informativos, prescindiríase das series de ficción e, se algún concurso fica polo medio, para o lixo que vai tamén. Abondaría con dividir cada día en tres faixas horarias: a central sería patrimonio de “Gran Hermano”, na matinal continuaría “El Programa de Ana Rosa” e a última hora emitiríase Sálvame, estes dous últimos programas consagrados enteiramente ao comentario das vicisitudes da vida en Guadalix de la Sierra. De cotizar en Bolsa, o reality primixenio rebentaría calquera índice selectivo, xa que dez anos despois da súa aparición segue a ser, con moito, o programa máis rendible, non só da súa propia canle, senón, case de seguro, de toda canta televisión se fai en España. E como a adicción é gorda, a festa non para.


De entre os mortos

“Homo Zapping para coleccionistas” (Antena 3, 00 h.)

Sociedade 02/02/2010
  Envía a túa opinión

A adicción ás compras medrou un punto en Galicia nos últimos anos, segundo un informe que se coñeceu nesta xornada e que establece que nos abandonamos ao consumismo por mor do malestar emocional. Procurar acougo para o espírito na posesión de cousas é un mal da especie humana que provocou non poucas desgrazas: a acumulación de terras está no cerne da guerra, e o coleccionismo de pequenas figuras decorativas é causa de moitos atentados estéticos propios da decoración doméstica. Non obstante, o afán por amorear obxectos viña sendo unha teima persoal: un colecciona estampas, caixiñas de porcelana, patacóns de antes da guerra ou geypermans inmaculados dentro da súa caixa porque lle peta. Mais agora a colección revelouse como técnica infalible de márketing. Velaí están as edicións para coleccionistas dos produtos culturais que chegan tamén á televisión.


“Ameeeiiisiiiing”

“After Hours” (Cuatro, 23.30 h.)

Sociedade 01/02/2010
  Envía a túa opinión

Non estamos tan afastados do momento no que a un guionista se lle veña á cabeza a transgresora idea de implantarlle unha cámara no alto da testa a un funcionario da Administración pública ou a un contable dunha empresa local para seguir minuto a minuto a súa vida cotiá durante as horas de sol. Espertarse coa primeira raiola, ofrecerlle ao estómago como saúdo de bos días un café negrísimo para activar o motor, perder os nervios nos colapsos de tráfico mentres se apura por chegar a tempo á oficina, botar oito horas sentado na mesma cadeira agás pola pausa de 15 minutos para comentar a portada do Marca mentres castigas a úlcera con outro torrefacto, e así ata a volta a casa. Son tantos os programas documentais sobre o proceloso mundo da vida nocturna, a súa fauna e os seus hábitos, que calquera día precisaremos que nos descubran de novo como funciona a vida común dun oficinista. Pero entre mentres seguimos co máster televisivo en xente que non durme grazas a “After Hours”, un novo late show cuxo único mérito, anuncian, é que o conduce Rafa Méndez.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros