Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 19 de Xaneiro de 2018

Programas > Músicas e Letras

Información do programa Novas do programa

O Festival da Lingua pecha a xornada de protesta contra o Decreto do Plurilingüismo

Cultura 21/01/2010
  Envía a túa opinión

A folga xeral no ensino que esta mañá se visibiliza coa manifestación que sae da Alameda de Compostela ás once e media da mañá baixo o lema “Paremos o decretazo contra o galego” terá continuidade ás nove e media desta noite na Coruña. A pista de tenis do Campus da Zapateira servirá de marco para celebración do Festival da Lingua 2010 no que actuarán Nao, Ataque Escampe e Ulträqäns.



 


As marchas do 17 de maio e do 18 de outubro remataron na Praza da Quintana

O consenso do galego

Cultura 21/01/2010
  Envía a túa opinión

"Yo soy del PP pero voy a la huelga porque quiero el gallego". Afirmouno un rapaz dun Instituto de Secundario de Ferrolterra esta xornada. A anécdota é significativa do consenso social logrado en defensa do idioma galego e contra as bases do decreto do plurilingüismo presentadas pola Xunta de Galicia.


Portrait presentan ao vivo en Vigo, A Coruña e Pontevedra “Today is the day”

Cultura 19/01/2010
  Envía a túa opinión

Despois de dous anos de traballo os vigueses Portrait agardan que o 2010 se converta no ano do seu lanzamento. De momento veñen de sacar á rúa o seu primeiro LP co selo Ernie Producciones. Today is the day, que así se chama o álbum, é un traballo de pop e folk-rock acústico no que o quinteto apostou por dar maior peso ao piano en detrimento das guitarras. Un cambio en relación ao seu anterior EP, Self, co que debutaron en 2006. Portrait presentan esta semana ao vivo Today is the day. O xoves estarán na Fábrica de Chocolate de Vigo, o venres no Le Club da Coruña e o sábado na Sala Karma de Pontevedra. Xa en febreiro actuarán o día 5 na Casa de Arriba. Segundo o vocalista e guitarrista da banda, Carlos, “o obxectivo é presentar o álbum primeiro en Galicia para despois viaxar polo resto do Estado”.

 


Colexio Manuel Masdías de Caranza (Ferrol)

CCOO súmase á folga no ensino do xoves 21

Cultura 16/01/2010
  Envía a túa opinión

Comisións Obreiras súmase á convocatoria de folga no ensino público para o xoves 21 contra o decreto do idioma presentado polo Partido Popular. CCOO-Ensino lembra que a presentación do borrador de Decreto sobre a presenza das linguas cooficiais o pasado 30 de decembro, en plenas vacacións, «foi xa unha provocación». Desde a Federación do Ensino de Comisións consideran tamén que a proposta da Xunta «rachou co consenso anterior e acadou o rexeitamento de todos os sectores sociais», polo que resulta «inválido» para a construción dun novo consenso.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -184 -185 -186 -187 -188 -189 -190 -191 -192 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros