Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 20 de Xaneiro de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Isto non é para comer, senón para filosofar

“El pollo, el pez y el cangrejo real” (La 2, 22 h.)

Sociedade 29/01/2010
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

Se a min me preguntasen que quero ser de maior, diría que creador de alto xornalismo. Adeus aos apuros polos prazos de entrega, adeus á mecánica repetición das fórmulas establecidas para a redacción, ata nunca á rendición á axenda política e as súas roldas de prensa, etc. Dedicaríame a crear, a expresar canto a min me importa da maneira máis persoal posible para albiscar unha raiola de verdade que marque o camiño aos que virán detrás de min. E é que o cualificativo alto asociado ao mundo do traballo, agás no caso dos altos fornos,  distingue a común e rudimentaria faena das arelas artísticas puras. Un pode facer administración ou alta administración, e entón a súa coordenación de tarefas admirará aos empregados; ou ser bombeiro, ou alto bombeiro, que entón o chorro da mangueira sairá coreografiado como o das fontes decorativas. Isto non é un delirio, porque xa acontece así cos modistas e os cociñeiros.


As imaxes a pé de terra aflixen demasiado

“Callejeros: Haití” (Cuatro, 22.20 h.)

Sociedade 28/01/2010
  Envía a túa opinión

“Callejeros” vénse especializando como unha fonte inesgotable de revelacións truculentas na que un non sabe se encolle no sofá polo estremecedor do que ve na pantalla, ou simplemente porque teme pola vida do reporteiro que, en primeira persoa, gusta de pasear polos barrios marxinais de toda España, meténdose na boca do lobo dos supermercados de droga e dos seus excitables provedores e consumidores que, a pouco que te despistes che poñen a cámara por sombreiro. Non debe de quedar xa un reduto de lumpen por visitar no mapa dos baixos fondos do equipo televisivo, que agora, postos a retratar a miseria volvéronse internacionais. E aí sobran lugares onde escoller. Así que para servir ante os nosos ollos esa mestura entre espanto e revelación, decidiron entremeterse entre a nai de todas as desgrazas: Haití.


“Podo prometer e prometo”

“Adolfo Suárez, el presidente” (Antena 3, 22.15 h.)

Sociedade 27/01/2010
  Envía a túa opinión

Así como o cine español desenvolveu un xénero propio que popularmente se coñece como guerracivilismo, dada a abundancia de películas sobre o conflito fratricida e as súas consecuencias, a televisión vén de adaptar outro período histórico como fonte de inspiración no que poderiamos alcumar como transicionismo. Primeiro foron as múltiples reportaxes de Victoria Prego e despois unha manchea de programas explicándonos da que nos libramos, e máis recentemente varias tv-movies, cabe supor que financiadas agochadamente pola Monarquía, para convencernos de que El-Rei Juan Carlos é un superheroe político: unha ferida da que a causa republicana vai tardar tempo en curar grazas ao masivo poder adoutrinante do trebello catódico. Agora, o transicionismo televisivo adapta a vida, obra e non poucos milagres do ex presidente do Goberno, Adolfo Suárez.


“Verdadeiro ou falso que saímos divinas na tele?”

“El juego de tu vida” (Telecinco, 00.30 h.)

Sociedade 26/01/2010
  Envía a túa opinión

Alguén vai confesar un asasinato esta noite en Telecinco. Ou se cadra revelará que cometeu un adulterio incestuoso. Ou poida que declare que axudou ao Dioni a fuxir coa furgoneta chea de millóns. Tampouco debéramos desbotar que saia á luz o crime de JFK. Nin máis nin menos que iso cabe agardar de quen vai gañar o premio dos 100.000 euros que entrega “El juego de tu vida”, o programa que presenta Emma García e no que, nun alarde de sinceridade controlada por detector de mentiras, o concursante revela os seus segredos máis íntimos diante da súa familia e de toda a audiencia mentres escala por unha imaxinaria pirámide do morbo. Son 21 preguntas en total que ascenden progresivamente na suposta vergoña do confesor e que á altura da sexta ou da sétima xa comezan a resultar verdadeiramente escabrosas. Xa que logo, agardamos por parte do gañador unha revelación terrible: ou o misterio da vida e da morte, ou a fórmula da pedra filosofal ou o recoñecemento de que lle gusta vestir roupa interior dun sexo que non é o seu.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros